Pobre de min

Datos de interés

  • Jueves 21.08.2008

Pobre de min


Etiquetas: MIguel Suárez Abel

MIguel Suárez Abel.

Pobre porque tiven que padecer o San Fermín, quixese ou non, por terra mar e aire. Nada teño contra as terras de Navarra, ó contrario, ademais de fermosas, teñen unha organización e un nivel de vida que xa quixera (entre nós, en baixiño, sen que ninguén se decate: co ben que lles vai co sistema fiscal...; así dá gusto, eles e os vascos os máis ricos e cos que ninguén se mete, coma se houbese medo, se cadra si, todo se nos vai en mirar para os cataláns, cando o pobres o único que desexan es estar á altura destes). Pero regresando ó do San Fermín, triste foi o día que a Hemingway se lle deu por se vir emborrachar a Pamplona, porque xa pasa de castaño escuro. A ver, eu prohibir, o xustiño. Ó que lle guste correr diante dun boi, que corra; quen atope felicidade en caer bébedo polos xardíns coma un gañán, pois que beba; a quen lle cubique alimentar espectáculos e festas populares que producen adormecemento e bos dividendos, pois estupendo. Pero que os medios de comunicación, ¡todos!, os sete días, me bombardeen cos encerros ou como se lles chame a eses dous minutos e medio nos que tropezando, amontoándose, pisándose e expoñéndose, comparten rúa touros e mozos, xa me parece excesivo. Un novenario repetindo a emoción, os espectáculo, a beleza, a bravura dos bichos e a arte dos corredores, a ciencia dos pastores e a marabilla desa tradición, fartoume considerablemente. Que si, que podo mirar para outro lado, que ninguén me obriga a prender a televisión e que o mando da radio igual que serve para acender serve para apagar. Pero, por favor. Analizar polo miúdo, día tras día, asunto tan transcendental, cada detalle, cada carreira, a cámara lenta, o perigo, a sorte, a habilidade, os dispositivos médicos... Que cruz! E se na televisión resulta monótono, dun tedio de morte e dunha vacuidade inenarrable, ¿que me din da análise radiofónica deste acto, sinceramente non acabo de entende como cualificalo? Coincidiu que varios días desa semana andaba de viaxe e con frecuencia conectaba a radio. Pois non o perdan: chegaron a ofrecer o exquisito bocado de son que supuña escoitar os berros, carreiras e campás dos becerros trotando polo asfalto de Pamplona. Coma se dun exercicio lírico se tratase. Xuro que non mito. Lamento non recordar a emisora, pero créanme que foi certo que nunha ofreceron como momento para o éxtase os dous minutos corenta e sete segundos de son de acontecemento tan transcendental na vida do país: o encerro. Sete días de gloria, señores. Levo chorando dende que remataron as retransmisións, comentarios e análises científico-culturais de tan fondo suceso coa incerteza de se darei resistido ata o ano que vén. Menos mal que confío en que tanto empresas públicas como privadas continúen nesta liña de magnífica elección nos acontecementos cos que se han de abrir os informativos, co que, se San Fermín non o impide, para o ano, outra vez pastores, corredores, pano ó colo, becerros, bois, touros e cornadas, que, á fin, iso é do menos, sarna con gusto non pica, chegarán puntualmente ás nosas pantallas e partes informativos. Mentres, acabada a euforia da eurocopa (non teman, a liga de fútbol comezará antes do que pensamos) e chorado o remate das festas pamplonicas, podemos distraernos con novo heroe nacional canonizado dende os núcleos duros da información madrileña no máis milagreiro santo de Galapagar. San José Tomás, temerario e se cadra mártir, entretén a todos por igual, que neso radica o poder desta santidade, ata o punto de unir en piadoso fervor a cantantes canallas, poetas de raza, pícaros modernos, parados embobados, políticos das dúas beiras, señoritas de alto berce a baixa cama, perdedores e triunfadores. Todos unidos na emoción dun olé, diante dun valente onde os haxa, que se planta con dous pés, quieto, ensanguentado, místico, to-re-ro, nun arrebato de emoción e desprezo do medo e da morte como en ningunha outra arte se pode atopar. Ai España, España plural, única, insolidaria, covarde, envexosa, hipócrita. España de encerros e touros, de sangue e valentía, de emoción fácil, olé, onde a valentía se mide en “cojones” e a arte en chicuelinas. En fin, cada quen, á súa. Pero meter polos ollos como interese e esencia nacional o que só entretén ou extasía a unha minoría, non. Eses tempos morreron, por máis que os informativos se abran con dous minutos de carreiras entre vacas e as portadas as leve un ensanguentado gladiador, ou, como xa ocorreu, incluso se chegue a analizar en algún diario as características de personalidade dos encargados de levantar nos ombreiros ó santo do momento.nPero regresando ó do San Fermín, triste foi o día que a Hemingway se lle deu por se vir emborrachar a Pamplona, porque xa pasa de castaño escuro. A ver, eu prohibir, o xustiño. Ó que lle guste correr diante dun boi, que corra; quen atope felicidade en caer bébedo polos xardíns coma un gañán, pois que beba; a quen lle cubique alimentar espectáculos e festas populares que producen adormecemento e bos dividendos, pois estupendo. Pero que os medios de comunicación, ¡todos!, os sete días, me bombardeen cos encerros ou como se lles chame a eses dous minutos e medio nos que tropezando, amontoándose, pisándose e expoñéndose, comparten rúa touros e mozos, xa me parece excesivo. Un novenario repetindo a emoción, os espectáculo, a beleza, a bravura dos bichos e a arte dos corredores, a ciencia dos pastores e a marabilla desa tradición, fartoume considerablemente. Que si, que podo mirar para outro lado, que ninguén me obriga a prender a televisión e que o mando da radio igual que serve para acender serve para apagar. Pero, por favor. Analizar polo miúdo, día tras día, asunto tan transcendental, cada detalle, cada carreira, a cámara lenta, o perigo, a sorte, a habilidade, os dispositivos médicos... Que cruz! E se na televisión resulta monótono, dun tedio de morte e dunha vacuidade inenarrable, ¿que me din da análise radiofónica deste acto, sinceramente non acabo de entende como cualificalo? Coincidiu que varios días desa semana andaba de viaxe e con frecuencia conectaba a radio. Pois non o perdan: chegaron a ofrecer o exquisito bocado de son que supuña escoitar os berros, carreiras e campás dos becerros trotando polo asfalto de Pamplona. Coma se dun exercicio lírico se tratase. Xuro que non mito. Lamento non recordar a emisora, pero créanme que foi certo que nunha ofreceron como momento para o éxtase os dous minutos corenta e sete segundos de son de acontecemento tan transcendental na vida do país: o encerro. Sete días de gloria, señores. Levo chorando dende que remataron as retransmisións, comentarios e análises científico-culturais de tan fondo suceso coa incerteza de se darei resistido ata o ano que vén. Menos mal que confío en que tanto empresas públicas como privadas continúen nesta liña de magnífica elección nos acontecementos cos que se han de abrir os informativos, co que, se San Fermín non o impide, para o ano, outra vez pastores, corredores, pano ó colo, becerros, bois, touros e cornadas, que, á fin, iso é do menos, sarna con gusto non pica, chegarán puntualmente ás nosas pantallas e partes informativos. Mentres, acabada a euforia da eurocopa (non teman, a liga de fútbol comezará antes do que pensamos) e chorado o remate das festas pamplonicas, podemos distraernos con novo heroe nacional canonizado dende os núcleos duros da información madrileña no máis milagreiro santo de Galapagar. San José Tomás, temerario e se cadra mártir, entretén a todos por igual, que neso radica o poder desta santidade, ata o punto de unir en piadoso fervor a cantantes canallas, poetas de raza, pícaros modernos, parados embobados, políticos das dúas beiras, señoritas de alto berce a baixa cama, perdedores e triunfadores. Todos unidos na emoción dun olé, diante dun valente onde os haxa, que se planta con dous pés, quieto, ensanguentado, místico, to-re-ro, nun arrebato de emoción e desprezo do medo e da morte como en ningunha outra arte se pode atopar. Ai España, España plural, única, insolidaria, covarde, envexosa, hipócrita. España de encerros e touros, de sangue e valentía, de emoción fácil, olé, onde a valentía se mide en “cojones” e a arte en chicuelinas. En fin, cada quen, á súa. Pero meter polos ollos como interese e esencia nacional o que só entretén ou extasía a unha minoría, non. Eses tempos morreron, por máis que os informativos se abran con dous minutos de carreiras entre vacas e as portadas as leve un ensanguentado gladiador, ou, como xa ocorreu, incluso se chegue a analizar en algún diario as características de personalidade dos encargados de levantar nos ombreiros ó santo do momento.

24/07/2008

4'0 (1 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Redes

Buscar + información sobre



Publi


Diario de Pontevedra
Rua Lepanto 5, Pontevedra · Tlfno: 986 011 100
Grupo El Progreso