Sanxenxo estrea unha rede municipal de bus que percorre o rural e a costa


Etiquetas: Sanxenxo, transporte

11/07/2008 - Marina Abilleira (Sanxenxo)

Unha rede de transporte público municipal percorre desde onte o municipio de Sanxenxo. O servizo, posto en marcha polo Concello en colaboración con Monbus, consta de tres liñas que funcionarán tanto en días laborables como festivos cunha periodicidade aproximada dunha hora. Unha delas unirá Dorrón con Nantes deténdose nas paradas existentes, outra se desprazará entre Aios e Arra e a terceira fará un percorrido pola zona dos hoteis. Ésta última comezará a funcionar ás 10.45 horas desde A Granxa e fará a última parada ao redor das 19.50 horas; as dúas primeiras, viaxarán desde as 7.15 ata as 21.20 horas.

Para prestar o servizo, a rede conta cun autobús con capacidade para 100 persoas (49 prazas sentadas) e un microbús de 29 prazas. Os usuarios deberán sacar o billete nos propios vehículos e o prezo de cada un é dun euro aínda que, a partir do mes de setembro, o Concello pretende pór en marcha un sistema de bonos co que se aplicarán descontos por uso habitual da liña.

Segundo explicou a alcaldesa, Catalina González, o custo anual para o Concello será duns 140.000 euros que, segundo a estimación, é a diferenza entre o gasto e os ingresos. “Calculamos que o custo da rede, que conta con dous condutores, será de 280.000 euros ao ano e que, pola venda de billetes, ingresaranse uns 140.000. O que pagará o Concello será a diferenza”, matizou.

O servizo vén incrementar considerablemente o transporte público existente, que ata agora só incluía liñas regulares entre Pontevedra-Sanxenxo-Vilalonga e O Grove-Vilalonga-Pontevedra, pero deixaba bastate desatendido ao rural. Ademais de mellorar o servizo, o Concello pretende reducir o número de vehículos que circulan polas estradas locais.

0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



¿Comentas?

Interésanos a túa opinión, pero 'con sentidiño'. Nada de insultos nin descalificacións.
Borraranse todos os comentarios que, con criterio subxetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
E lembra, non lles deas de comer aos trolls...
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





captcha

Cambiar por outro


Un pouco de HTML está ben
Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>

Fotos