A maxia borrará a Astray da Coruña

Datos de interés

  • Domingo 12.10.2008

A maxia borrará a Astray da Coruña


Etiquetas: A Coruña, memoria, historia, dictadura, Franco

LV/Axencias.

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica organiza a Terceira Marcha Cívica pola Supresión da Simboloxía Franquista na Coruña, que se celebrará o sábado a partir das 12.00 e contará coa presenza de catro magos que a farán “desaparecer”.

A marcha partirá da praza de Cánovas Lacruz e irá ata María Pita para terminar na de Millán Astray e a Comisión solicitou “a axuda” do coñecido mago Antón e dos magos Romarís, Martín Camiña e Cali “para que fagan desaparecer a simboloxía maxicamente, xa que non se cumpre a lei”.

O mago Antón preferiu non desvelar o seu número, pero sinalou que “os magos fan posible o imposible e crean ilusións”, algo necesario “na cidade con máis simboloxía franquista de España”.

Así, apuntou que será un número “con poesía e intelixencia”. “Millán Astray dicía ‘Viva a morte e morra a intelixencia’, e nós dicimos viva a intelixencia e fóra a ignorancia”, sentenciou.

Antón considerou que os coruñeses recibirán a iniciativa “de bo grado” porque “a simboloxía se debe ir eliminando con naturalidade, “xa que non achega nada”.

Reivindicación de Vello
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica xa presentou unha moción no Concello para que se recoñezan as “graves violacións de dereitos humanos” cometidas entre 1936 e 1975 en España, que “honre a memoria” dos que sufriron “inxustizas e agravios” por motivos políticos e ideolóxicos e que retire toda a simboloxía franquista existente na cidade en nomes de rúas, escudos en edificios públicos e estatuas.

02/07/2008

5'0 (1 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Redes

Fotos

Un grupo de Antiguos Caballeros Legionarios se concentran ante el Monumento-Estatuta del General Millán Astray en A Coruña como protesta ante su retirada (EFE)
Un grupo de Antiguos Caballeros Legionarios se concentran ante el Monumento-Estatuta del General Millán Astray en A Coruña como protesta ante su retirada (EFE)

Buscar + información sobre







Publi


Galiciae
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso