Discutidas e indiscutibles belezas

Datos de interés

  • Lunes 08.09.2008

Un respiro

Discutidas e indiscutibles belezas


Etiquetas: famoseo, Un respiro

SD. L-V.

Aínda que pareza sorprendente, a modelo Carolina Kurkova recibiu unhas críticas durísimas tras o remate do seu último desfile, que tivo lugar na pasarela Sao Paulo Fashion Week.

Os medios brasileiros acusaron a modelo de descoidarse un pouco e apuntaron que está gorda e que ten celulite. Os máis duros aseguraron que xa non ten corpo para andar lucindo bikinis, malia que a cotizada top model ten tan só 24 anos.

Ao parecer, o desfile, promovido pola firma Victoria’s Secret, recibiu tamén varias críticas pola selección dos manequíns que amosaron as prendas de roupa interior e moda de baño. Resumindo, a prensa considerou que o nivel estético das modelos estaba moi baixo.

Un exótico Miss Universo
As aspirantes a Miss Universo xa se atopan en Vietnam, onde se realizará o vindeiro día 14 o concurso que elixirá á muller máis fermosa do planeta. As participantes no certame dedicáronse onte a posar para as fotos oficiais que aparecerán na web do concurso. Ademais, están quentando motores coa preparación do concurso de traxes rexionais que, tradicionalmente, se realiza uns días antes do concurso.

España está representada por Claudia Moro, Miss Madrid e primeira dama de honra de Miss España. A moza, que ten 22 anos, lucirá en Miss Universo un vestiario creado por Manuel Odriozola.

Finalmente, a gañadora deste ano estreará unha nova coroa na que 555 diamantes substituirán as tradicionais perlas que ata este ano caracterizaban a tiara.

Nemcova, imaxe de Otto
A modelo checa Petra Nemcova debutou onte como a nova imaxe da firma Otto. A ex moza de James Blunt (e disque tamén de Sean Penn) presentou o catálogo da firma para a próxima tempada outono- inverno.

Os sogros de Belén Esteban son lucenses
A voda de Belén Esteban e Fran Álvarez contou cunha importante representación lucense entre os seus convidados, xa que os pais do noivo son de Antiguallas, en Córneas (Baleira).

Álvarez adoitaba pasar os veráns na localidade lucense cando era un mozo e todavía conserva moitas amizades na provincia. Pode que a Esteban acabe visitando a zona. A nota triste púxoa o falecemento dun dos galegos que estaban convidados e que perdeu a vida nun accidente de tráfico na provincia de Soria.

Pantoja emociónase nunha homenaxe
Isabel Pantoja foi a homenaxeada deste ano no Festival Flamenco Potaje Gitano, o máis antigo de España. A tonadilleira acudiu coa súa filla, Chabelita, e coa súa íntima amiga Raquel Bollo. Pantoja deu un discurso para agradecer o tributo e o público, completamente entregado, pediulle que cantara algo, malia que non estaba previsto.

Ante a petición popular Pantoja decidiu cantar e deixouse levar tanto polo momento que acabou por dar todo un espectáculo. Ao rematar a súa intervención, a cantante amosouse moi emocionada polos aplausos que recibira.

As xemelgas de ‘GH’ posaron espidas
Cumprindo unha tradición non escrita, as xemelgas que concursaron no último Gran Hermano, Pamela e Conchi, apuntáronse á moda de quitar a roupa para a revista Interviú. Baixo o título de “Vaya par de gemelas”, as mozas aparecen cun monobikini facendo diferentes poses nunha praia. Na entrevista que acompaña as imaxes, revelan que son moi diferentes entre elas e mentres que unha é boa estudando a outra destaca por ter táboas para ligar.

Díez loce un peiteado ao ‘Amy Winehouse’
A deputada de UPyD Rosa Díez luciu un espectacular peiteado na festa do 20 aniversario da revista Vogue. As extensións que levaba foron moldeadas tal e como loce a cabeleira a sempre polémica Amy Winehouse. Por outra banda, a cantante británica é obxecto dunha serie de camisetas que están  tendo uns bos resultados comerciais na Rede. As prendas rezan a mensaxe: “Salvemos a Winehouse”.

01/07/2008

0'0 (0 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Redes

Fotos

Arriba, a modelo Carolina Kurkova. No centro, Miss Australia e Petra Nemcova, que presentou a colección de Otto. Abaixo, os peiteados de Díez e Winehouse. EFE /ALV
Arriba, a modelo Carolina Kurkova. No centro, Miss Australia e Petra Nemcova, que presentou a colección de Otto. Abaixo, os peiteados de Díez e Winehouse. EFE /ALV

Buscar + información sobre




Publi


Galiciae
Rúa Salvadas, 27, Santiago · Tlfno: 981 55 25 30
Grupo El Progreso