A actualidade de Ence


30/06/2008 - Xesús López Fernández

Lembro parte do discurso de Telmo Martín, da súa campaña pontevedresa, nos comicios do 2007. Daquela o home chegaría anuncia-la posible rexeneración das marismas de Lourizán, coa retirada do complexo clorocelulósico daquel lugar; coa retirada incluso da depuradora d´Os Praceres e tamén da avenida de Marín, asentadas en dominio público marítimo terrestre. Porque é necesario acometer esa tarea se realmente queremos recupera-la ría, pró que non abonda un simple „¡Ence, fóra!‰. E nestos momentos andan os políticos como alabarados, como se estivesen pendentes de concretaren ofertas antes de que o anuncio de novas elecciós autonómicas os colla co paso cambiado e coas promesas incumpridas. E ata o dagora parece certa a impotencia xeneralizada dos diversos partidos e do goberno local pra erradicaren de Lourizán a maldición alí asentada, presuntamente sen concesión, ademáis da nulidade radical existente. Incluso no referente á edar. Os empregados de Ence reciben contínuas mensaxes sobre posibles traslados, que nalgún caso implicarían „vertido cero‰. Esa sería a mellor das soluciós. O que xa non se entende é que, si se vai adouta-la tecnoloxía dunha reciclaxe total da auga residual, ésta non se retome en circuíto cerrado, repoñendo a que se perda por evaporación. Telmo Martín soubo mante-lo seu segredo con sete chaves, sen que trascendera, antes da súa presentación en Caixanova, a ubicación por el matinada. A súa idea non pode ser aínda redonda. Non parece idóneo o lugar se pensamos no prazo corto, coa particularidade de que o espacio por el previsto está catalogado como monte comunal. Galicia é tamén, polo menos en gran parte do seu territorio [colonizado por eucaliptus], antes que potencia forestal, deserto verde. Así lle chaman no Brasil ou no Uruguai ás vastas zonas que foron privadas da biodiversidade e arboreda primarias da que foron asento por miles de anos. Ata que chegou a colonización celulósica. Como aquí, porque por mor da ocupación dos nosos montes con prantaciós masivas de pinos insignes ou de eucaliptos, o país enteiro está hipotecado polo baixoprecio desa madeira. O chan arruinado. Moitas aldeas morreron. Tiven ocasión de oi-lo sábado parte dun debate no que alguén foi máis alá do dito por Telmo Martín ó falare da depuración dos vertidos, afirmando [o tertulián] que a auga da saída tería a calidade da que entraba no circuíto. A pergunta é fácil: ¿Por qué non deseñan unha fábrica sen vertido, que retome a auga en circuíto cerrado e repoña a que se perda por evaporación?. ¿Por qué non unha fábrica sen emisiós gaseosas?. Porque a enxeñería que propón o señor Martín de reconvertir en tubería de desaugue a que hoxe fornece á fábrica dende Bora, entra a rebufo co seu discurso sobre a rexeneración de Lourizán, meta que tería de ser común pra tódo-los partidos. E hai proiectos que van na mala dirección, que serían verdadeiras agresiós ó medio, como a nova ponte das Correntes. Esta conformaría unha maior presión sobre a xunqueira d´Alba. O matinado scalextric de Mollabao habería que desprazalo máis pró interior, salvando o dominio público marítimo terrestre. O seu efecto sería negativo sobre Lourizán, que algús poden maxinar como trinque, como solar antes que rexenerado. Na representación virtual que fixo o representante do PP, todo aparece bonito. Non é creíble o de „Galicia, potencia forestal‰, nada máis que no prazo longo e cunha forestación debidamente planificada, pensada en clave de biodiversidade e con outros tipos de madeira que sí poden xerar miles e miles de postos de traballo. Non hai nada máis que reparar cómo siguen arruinados moitísimos montes que arderon no ano 2006. Prantados case todos eles de eucaliptos, desta volta non se deron recuperado. O chan parece agotado nalgús casos, como se xa non funcionase a expansión eucalipteira por medio do lume: os previstos 22000 renovos de cepa por hectárea, que nalgún caso se teñen chegado a contabilizar.

2'2 (6 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



2 comentarios

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


#2 Por 4construccions 01-07-2008 14:21

Normal

Que Martín leve Celulosas para a súa urbanización. Adiante,Telmo, un pequeno sacrificio máis pola Alcaldía.


#1 Por DJPEPE 01-07-2008 08:28

Normal

A ver cando o profeta López nos revela cando vai ser a fin do mundo. Agoreiro, e cenizo si que é un chisco.
¡¡¡Fálanos da fin do mundo, maestro!!!
¿Vannos vir buscar en platiños-voantes ós elixidos?


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>