Soberbio no peor momento

Datos de interés

  • Sábado 17.05.2008

Soberbio no peor momento


Etiquetas: Miguel Suárez Abel

Miguel Suárez Abel.

Sorpréndeme a seguridade e case altanería progresiva que vai mostrando sen rubor o presidente Zapatero. Non é que desexe para dirixir o goberno da nación a un pusilánime, pero sospeito que o xeito de ir sobrado  manifestado nas últimas aparicións públicas nada bo nos pode traer.  Desde os debates electorais televisados, nos que case sen discusión se impuxo ó candidato Rajoy, logo co triunfo, no debate de investidura posterior e, sobre todo, nun programa de televisión no que algúns dos entrevistadores parecían contratados por el para prepararlle ese discurso tan políticamente correcto que xa case dá cheirume, o presidente entrou nun estado de soberbia perigoso.

            Que actuar como si chega en ocasións a configurar un modo de ser, parece demostrado neste caso. O monótono e cansino repetidor de mantras, a base de recitalos chega a crelos e como bo crente pode comportarse coa soltura propia de quen se sabe chamado por algunha alta misión. Mesmo con gracia e elegancia nalgúns momentos. O presidente prermitiuse no debate de investidura unha actuación de cualidade. Sempre por encima, optou polos rexistros máis adecuados con cada interlocutor, aferrouse ás boas maneiras e ó diálogo constructivo como base e soubo dosificar os ataques con tempero. Observamos, como xa ocorrera con políticos anteriores (Aznar, por exemplo), que o poder e o seu exercicio regalan táboas, recursos, habilidade e, tamén, arrogancia. Neste caso, pasamos dun político de presenza agradable, atado a discursos enlatados, de consignas aprendidas e repetidas ata a saciedade, pero perfectamente dirixidas a cada colectivo, a outro solto, flexible dentro do estreito marco das liñas marcadas, dominando a escena, xogando ben cos silencios e coas entoacións, elexido os momentos adecuados para cada entrada. Con menos texto feito e máis capacidade de improvisación.  Menos encorsetado, máis libre.

            E do dominio da escena na investidura pasamos á suficiencia no mencionado programa televisivo. Tan protexido polas parrafadas ó seu antollo e pola branda man dos xornalistas, notábase tan a gusto, tan contento de si, que me preocupou. A relaxación  colisionaba coa soberbia. Pagado de si. Intocable. O máis perigoso que lle pode ocorrer a un político: considerar que o seu discurso é precioso, que ninguén conta con mellores ideas ( por máis que insista en que está aberto ás de todos) e, por suposto, por saber que carece dunha oposición templada, informada, firme e constante que lle busque as caravillas de verdade.

            O que pasou e pasa coa oposición, á vista está. Enrocada durante catros anos na esaxeración, agora pasa, por problemas mal metabolizados, a estar desaparecida. No peor momento. Porque se para calquera goberno, calquera presidente, é malo contar cunha crítica que se desacredita por sacar os asuntos de quicio, moito peor é carecer de toda crítica.

            A Rajoy gústalle moito recorrer ó sentido común. Supoño que por sentido común se deixaría envolver na corrente de oposición deseñada por Aceves e Zaplana, Pedro Jota e Losantos. Que tamén por sentido común permitiría que a inercia do pasado se instalase en fondo e forma na maneira de presentar o seu programa. Que o sentido común o guiará na resolución da crise que ten montada, e na que parece que o único imprescindible é el. Agardemos que o sentido común e a sensatez, término tamén por el moi querido, lle indiquen o xeito de arrancar cunha oposición rigorosa, firme, fundamentada e positiva. Porque, mentres tódolas cartas parecen marcadas para tempos revoltos no económico, nada nos favorecería que o presidente continuase engordando a súa soberbia. Ningún momento é adecuado para considerarse a salvo e sen contrincante. Malos vicios acompañan ó gobernante que non sente detrás da caluga o alento de comepetidor. E son pésimos momentos, os de crise económica, para que un partido no poder se poida pemirtir enredarse e enredarnos con despistes, amagos ou evidentes errores non denunciados por non sentir a vixianza necesaria doutro oponente, forte e cohesionado. Os egos saturados non son vos conselleiros. Os políticos tentados pola soberbia acostuman a tomar medidas enganosas e prexudiciais para a cidadanía. Para a soberbia ningún momento vén ben; este, menos.

08/05/2008

4'8 (4 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Redes

Buscar + información sobre



Publi


Diario de Pontevedra
Rua Lepanto 5, Pontevedra · Tlfno: 986 011 100
Grupo El Progreso