Julia Castro retrata á xeración da wifi nunha webserie

A realizadora pontevedresa estrea os tres primeiros capítulos dun proxecto no que se involucraron Down Pontevedra e a Once
Parte do equipo da webserie, con Julia Castro, arriba, primeira pola esquerda
photo_camera Parte do equipo da webserie, con Julia Castro, arriba, primeira pola esquerda

Retratar, a través do humor, a vida dunha xeración apegada ás novas tecnoloxías era o obxectivo de Generación Wifi, a webserie da pontevedresa Julia Castro que este mércores (20.00 horas, entrada libre) se estrea no Teatro Principal. "En principio son tres capítulos en los que hemos trabajado un equipo técnico conformado por unas 20 personas, a lo que hay que sumarle un equipo artístico que involucraba a unos dez actores por capítulo", explica a realizadora, que gravou en Pontevedra, Sanxenxo e Campo Lameiro. "En realidad, nuestra intención era grabar mucho más en exteriores, pero nos pilló un temporal y tuvimos que cambiar los planes en el último momento y trasladar el rodaje a interiores".

Generación Wifi rodouse ao longo da última semana de xaneiro e a primeira de febreiro deste mesmo ano. Aínda que para comezar conta con só tres capítulos, a realizadora, formada como xornalista, baralla a posibilidade de amplialos. "También tenemos la ambición de que todos los capítulos sean accesibles on-line para todos los públicos, incluidas personas con discapacidad visual y auditiva, pero aún estamos en ello".

COLABORACIÓNS. E é que na realización de ‘Generación Wifi’ contouse coa colaboración de colectivos e asociacións especializadas na integración, como Down Pontevedra, o Centro de Recursos Educativos da Once, Idendeaf Producción e Formación Audiovisual en Lingua de Signos ou o Servizo Profesional de Intérpretes de Lingua de Signos. "En las tramas aparecen personajes con discapacidad que ayudan a reflexionar sobre el mundo en el que vivimos", explica Julia Castro, que mesturou neste proxecto a actores profesionais como Xúlio Abonjo, Miro Magariños e Arantxa Treus con outros saídos dun casting realizado na Casa da Luz.

Generación Wifi conta tamén coa colaboración da Facultade de Ciencias Sociais e da Pontevedra Film Commission.

Comentarios