de actualidad
Isabel Pantoja. efe Isabel Pantoja
 
Votacion: 
1 (1 voto)
Deporte Local Pontevedra 0

David Goldar xogou 40 minutos ante o Castilla co nariz roto

O futbolista do Pontevedra disputou case toda a segunda parte do encontro cos osos nasais fisurados e o tabique nasal desprazado

David Goldar (primeiro pola dereita) defendendo un balón aéreo na segunda parte. DAVID FREIRE

David Goldar (primeiro pola dereita) defendendo un balón aéreo na segunda parte. DAVID FREIRE

David Goldar non esquecerá facilmente o partido contra o Real Madrid Castilla do domingo pasado. Ten bos e malos motivos para lembralo durante unha manchea de meses. O Pontevedra gañou realizando un partido que rozou a perfección e, a nivel individual, el cooperou cun bo traballo defensivo, algo que ten dobre mérito se se ten en consideración que xogou 40 minutos co nariz roto.

Ao comezo da segunda metade, nunha disputa aérea, impactou coa parte posterior da cabeza dun dianteiro do equipo branco. Como consecuencia, produciuse a desviación do tabique nasal e fíxose unha fisura nos osos propios do nariz. "El ía cara atrás e ao saltar chocamos", relatou o propio implicado.

A pesar da lesión que padecía o zagueiro, optou por permanecer sobre o terreo de xogo e intentar colaborar co cadro granate para obter o triunfo. "Aguantei ben. Tiña dor, pero puiden acabar o partido", explicou con naturalidade o defensa natural de Portas.

Non foi o único golpe que levou o futbolista procedente da Ponferradina, xa que na primeira parte produciuse unha brecha na cella, noutro encontronazo cun rival, no treito final do primeiro acto. "O doutor actuou rápido no descanso, púxome anestesia, deume catro puntos e puiden disputar a segunda parte".

Non queda aí o asunto, xa que o xogador exercitouse o luns con total normalidade, cunha protección para manter inmovilizada a zona afectada pola súa doenza. "Ao tratarse dunha sesión de recuperación tampouco fixemos tanto traballo", expresou.

De tal maneira, o normal é que o deportista tivese que pasar polo quirófano de maneira inmediata para ser intervido. Pero ata para iso o central granate se amosou moi duro.

"El recomendábame que me operase, pero eu quero xogar o partido do domingo", expresou Goldar. Finalmente, o futbolista conseguíu convencer ao doutor para continuar xogando e operarase ao remate da campaña.

MÁSCARA. O central deberá actuar as primeiras semanas cunha protección facial feita a medida para amortecer posibles golpes.

Goldar afianzouse no once inicial de Luisito desde practicamente o comezo da campaña. O central disputou sete dos oito partidos que se levan xogados: todos enteiros. Ao igual que ocorre co colectivo, o seu rendemento está a ir a máis.

No inicio do campionato, o Pontevedra non está a ter fortuna cos problemas físicos dos deportistas: ademais da gran cantidade de pequenos contratempos que lastraron a preparación estival do once de Luisito, Adrián León sufriu unha escordadura de nocello o domingo pasado e Jimmy deberá estar de baixa dous meses por unha lesión no xeonllo.

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.