A EE Forestal é o primeiro centro do campus que pode presumir do Q de calidade

O director, Juan Picos, afirma que este recoñecemento axudará a "demostrar ante terceiros" a categoría do centro
Exterior de la Escola de Enxeñería Forestal. ADP
photo_camera Exterior da Escola de Enxeñería Forestal

A Escola de Enxeñaría Forestal é o primeiro centro do campus de Pontevedra en obter a certificación á implantación do seu sistema de garantía interna de calidade por parte da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

Este recoñecemento fixo posible á súa vez que a Comisión de Calidade da UVigo acordase outorgar á escola o Q de calidade, un selo propio co que a institución académica busca recoñecer e dar visibilidade aos méritos acadados.

O reitor, Salustiano Mato, foi o encargado de facer entrega da distinción ao director da escola, Juan Picos, e a subdirectora, Ángeles Cancela. "Trátase dun recoñecemento a un traballo que é o resultado da colaboración e permítenos demostrar ante terceiros a calidade da escola e súas boas prácticas", salientou Picos dunha distinción que permite proxectar cara o exterior, ante o futuro alumnado ou ante as empresas.

Comentarios