A Festa da Filloa celebra os seus 39 anos de vida

A cita culinaria é a máis antiga de Cerdedo-Cotobade
Cubela, acompañado dos membros da organización
photo_camera Cubela, acompañado dos membros da organización

A parroquia de Valongo celebra este sábado a XXXIX Festa da Filloa, a cita gastronómica máis antiga do concello de Cerdedo-Cotobade, na que se servirán 5.000 filloas para os milleiros de visitantes que se agardan nesta edición. A cita forma parte das Festas Patronais da Virxe do Libramento.

A programación foi presentada onte polo presidente municipal, Jorge Cubela, e representantes da comisión organizadora. Todos eles explicaron que o certame culinario comezará ás 18.00 horas e contará coa participación de vinte filloeiras, que competirán por distintos premios. Cómpre lembrar tamén que as filloas poranse á venda a un prezo de 50 céntimos a unidade. Por outra banda, os organizadores indicaron que están "moi ilusionados" con esta cita, pero aínda

Máis coa 40ª edición, que se celebrará en 2018. Deste xeito, anunciaron que haberá "moitas sorpresas, festa rachada e un amplo programa" para conmemorar as catro décadas de vida do evento.

Cubela felicitoulles pola "longa traxectoria" desta festa e por tela convertido "nunha importante referencia gastronómica das Terras de Pontevedra", ao tempo que lles brindou "todo o apoio necesario" do Concello. En canto ás festas da Virxe do Libramento, estas comezaron este venres cunha churrascada con rosca e queimada.

Comentarios