PDF

Ver la portada de hoy

 
Votacion: 
No hay votos
0

O BNG de Soutomaior presenta unha iniciativa para recuperar a ponte de Comboa

A formación nacionalista denuncia que esta ponte medieval de orixe romana e a súa contorna atópanse nunha situación de abandono e devoradas polas silvas

Unha das entradas da ponte, devorada pola vexetación. D.P.

Unha das entradas da ponte, devorada pola vexetación. D.P.

As silveiras e as mimosas cubren as dúas entradas da ponte medieval de Comboa, ata o punto de que dende moitos puntos nin sequera sexa visible. Ante esta situación, o grupo municipal do BNG presentou unha moción para recuperar o monumento.

Dende a formación frontista critican a imaxe de abandono absoluto dunha ponte que constitúe un dos activos patrimoniais máis característicos de Soutomaior. Nesta liña, o seu portavoz municipal, Manu Lourenzo, sinalou que "unha vez máis, vemos como un monumento único que debería servir para atraer a turistas e visitantes que deixasen riqueza no concello fica nun estado de abandono incomprensible".

Consigue la información completa

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.