As festas seguirán en Pontevedra co certame 'Ponte Coqueta'

O festival adicado aos anos 20 chegará a súa II edición cun programa máis amplo
A concelleira Carme da Silva presentando o festival Ponte Coqueta xunto con Marcelo DoBode
photo_camera A concelleira Carme da Silva presentando o festival Ponte Coqueta xunto con Marcelo DoBode

Carme da Silva, concelleira de festas, e máis Marcelo DoBode, vogal do grupo, presentaron onte a programación da segunda edición do festival Ponte Coqueta.

A maior novidade desta edición é o aumento da duración da mesma. Este ano Pontevedra acollerá seis xornadas nas que se quere trasladar a toda a cidade aos anos 20. "Quedaba unha semana que estaba un pouco sosa, e dixemos este ano en vez de Ponte Coqueta un día, enchémolo e facemos toda a semana", declarou Carme da Silva.

Carme da Silva, Concelleira de Festas:

"A verdade é que a edición do ano pasado tivo moi boa acollida" 


"Unha semana con cine, conferencias, obradoiros infantís e obradoiros de baile para poder coller un pouco de sentido do ritmo"



"A revolución comeza co escándalo" é a cita da escritora María Zambrano, na cal se basearon os organizadores para desenvolver este certame. "Para nós esta festa ten unha parte de escándalo actual, para poñer a muller nun contexto como o daqueles anos e que se volvan a romper os cánones. Porque pensamos que estamos volvendo a encasillarnos un pouco", comentou o vogal.

Este ano o eixo temático protagonista será o cine e a muller. A programación inaugurarase o día 21 de agosto cunha conferencia a cargo de Luisa e Juan Torres, que foron proxeccionistas nos antigos cines de Pontevedra. "Luisa é unha das primeiras mulleres proxeccionistas de toda Europa. Ela é de Pontevedra, e por iso para nós é moi importante reivindicar que nesta cidade hai uns valores feministas fortísimos", recalcou Marcelo DoBode.

O programa continuará o martes 22 na Casa Azul, onde terá lugar a exposición das máquinas do Cineclube de Pontevedra. Neste mesmo espazo a cineasta Xisela Franco dará unha conferencia sobre a muller no cine dende os anos 20 ata os nosos tempos.

O mércores 23 comezan os obradoiros infantís da man do Cineclube Pontevedra, onde os cativos aprenderán a contruír zootropos, e tamén rodarán o seu propio filme que será proxectado.

Marcelo DoBode, Vogal do grupo:

"Ponte Coqueta é un festival bastante feminista e este ano estará adicado ao cine e a muller."

"Este é un certame que se creou a partir dunha cita da escritora, María Zambrano, que dicía que a revolución comezaba co escándalo"



Roser Ros e Sergi Descayre, bailaríns profesionais, serán os encargados o xoves de impartir na Casa Azul o obradoiro de lindy hop, no que haberá que inscribirse e terá un prezo de 20 euros por persoa, tanto para o nivel básico como para o avanzado. Este taller "é unha forma de unir Pontevedra aos circuitos de lindy hop que se estan facendo en toda a Península", explicou o vogal.

O venres será a antesala do día grande e celebraráse unha jam de danza e proxectaranse dous filmes antigos na Praza da Pedreira musicados en directo pola Banda Artística de Arcade.

O día importante do certame aterrizará o día 26 na Praza de Curros Enríquez cunha Feira Vintage. Seguirá cunha exhibición de swing y lindy hop. A partir das 13.00 horas, a praza acollerá unaha sesión vermú amenizada cun concerto de The Soul Breakers. Os nenos poderán gozar con contacontos mentres os maiores poderán participar nunha clase aberta de lindy hop. Os actos pecharanse co concerto de Three on the Beat Gallaecia Small Band.

 

Comentarios