O Código Ictus atendeu a 31 persoas en Pontevedra no primeiro semestre

O plan posto en marcha hai pouco máis dun ano serviu para que foran atendidos, nas primeiras catros horas e media dende o ataque, 22 pacientes na área de Pontevedra e 9 na zona do Salnés
Hospital de Montecelo
photo_camera Hospital de Montecelo

O Código Ictus, o novo protocolo para a atención de persoas que sofren estas patoloxías, activouse ata en 31 ocasións na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés no que levamos de 2017. Os resultados do Plan Galego de Atención ao Ictus, posto en marcha o pasado 4 de xuño de 2016, amosan que na área de Pontevedra foron 22 os pacientes atendidos nas primeiras catros horas e media dende que sofreron o ictus, mentres que na zona do Salnés se prestou asistencia nestas mesmas condicións a nove persoas.

O Plan Galego de Atención ao Ictus permite diminuír a mortalidade das persoas que sofren un ictus isquémico en Galicia. O seu obxectivo é reducir o tempo transcorrido entre o inicio dos síntomas e a chegada ao hospital, diminuír a demora na confirmación diagnóstica, adecuar o procedemento terapéutico ás necesidades específicas asistenciais do paciente e coordinar a actuación entre os distintos profesionais.

Dos 31 pacientes atendidos na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés ao longo deste tempo, cómpre sinalar que a 18 deles practicóuselle fibrinólise intravenosa e a tres trombectomía mecánica.

A nivel autonómico, o código serviu para atender a máis de 2.000 persoas.

Comentarios