A Praza da Ferraría celebra a primeira xornada da Festa dos Libros

O obxectivo é que os pontevedreses se acheguen á lectura ao longo dos próximos días
Inauguración da festa
photo_camera Inauguración da festa

A Praza da Ferraría inaugurou este venres a primeira edición da Festa dos Libros, que se celebrará ao longo de toda esta fin de semana.

Os concelleiros Carme da Silva, Demetrio Gómez e Anabel Gulías inauguraron a feira. O obxectivo é que os pontevedreses se acheguen á lectura ao longo dos próximos días.

Deste xeito, os stands das 13 librarías participantes permanecerán abertos este sábado entre as 11.00 e as 14.30 horas e as 18.00 e as 23.30 horas. O domingo os horarios serán dende as 11.00 ás 14.30 e dende as 18.00 ata as 22.00 horas.

Entre as actividades programadas haberá sinaturas de libros, mesas redondas e mesmo roteiros guiados pola parte máis literaria da Boa Vila.

Comentarios