ÚLTIMA HORA

El Gobierno aprueba la puesta en marcha del laudo para el conflicto de El Prat

de actualidad
Rafa Díez Usabiaga Rafa D. Usabiaga
 
Votacion: 
4.7 (3 votos)
Galicia | Cultura 1

María Victoria Moreno Márquez, protagonista do Día das Letras Galegas de 2018

Ricardo Carvalho Calero, Plácido Ramón Castro del Río, Antón Fraguas Fraguas e Eusebio Lorenzo Baleiró eran os outros posibles candidatos a homenaxear

María Victoria Moreno Márquez. REAL ACADEMIA GALEGA

María Victoria Moreno Márquez. REAL ACADEMIA GALEGA

O pleno da Real Academia Galega (RAG) elixiu este sábado a María Vitoria Moreno Márquez como personalidade literaria á que se dedicará o Día das Letras Galegas de 2018.

Cinco candidaturas concorreron a esta sesión común, que foron as de Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910-Santiago de Compostela, 1990), Plácido Ramón Castro del Río (Corcubión, 1902-Cambados, 1967), Antón Fraguas Fraguas (Cotobade, 1905-Santiago de Compostela, 1999), Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro, 1962-1986) e a seleccionada para o próximo ano, María Vitoria Moreno Márquez (Cáceres, 1941-Pontevedra, 2005).

Os académicos de número reuníronse esta sábado pola mañá na sede da institución, en Rúa Tabernas da Coruña e, ao termo da sesión plenaria, o presidente, Víctor F. Freixanes, informou do protagonista do Día das Letras Galegas de 2018.

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.

imagen de usuario
Chus Areán sábado 17 de junio de 2017, 23:35
1

Profesora extraordinaria e mellor persoa.