PDF

Ver la portada de hoy

de actualidad
foto Malala Yousafzai
 
Votacion: 
5 (1 voto)
Deporte Local Pontevedra 0

David Añón, contra o medo escénico

O dianteiro coruñés do Pontevedra disputou tres play-offs a Segunda B e un a Segunda e viviu tres ascensos de categoría

David Añón, na portería do Fondo Sur do campo de Pasarón. Laura García

David Añón, na portería do Fondo Sur do campo de Pasarón. Laura García

David Añón disputou catro fases de ascenso, viviu dous saltos de categoría e sentiu de preto a paixón do fútbol en escenarios con aroma a profesionalismo puro. Está doutorado en tensión ambiental. Añón admite que o plantel e a traxectoria do Murcia na segunda volta o converten "no rival máis complicado que nos podía tocar no play-off", pero tamén sabe que o pasado non existe, que só contan os dous equipos nun momento concreto, en 180 minutos de gloria ou fracaso.

"Dá igual o que pasara na Liga: son partidos de 180 minutos nos que tes que ser mellor có rival e nos que hai que estar sempre metidos e non volverse tolos, nin para ben nin para mal". 

Añón disputou tres promocións de Terceira a Segunda B. Subiu en todas. Perdeu co Montañeros da Coruña contra o Hellín, "pero ascendemos nos despachos pola desaparición do Ciudad de Santiago".

O xogador granate actuou en campos de grande aforo e gozou da Copa do Rei co Albacete no Vicente Calderón e no vello San Mamés

Ao ano seguinte marchou para o Deportivo B, no que coincidiu co porteiro do Murcia Diego Rivas e con Edu. Na eliminatoria de campións derrotaron aos penaltis ao Burgos despois de dous empates sen goles no Plantío e en Riazor, no que militaba Jacobo Trigo. "Fomos moi superiores, pero tivemos que ir aos penaltis para subir".

A terceira vez foi co Celta B, en 2013. Como segundos do grupo, os celestes superaron con autoridade ao CD Cortes riojano. Posteriormente medíronse ao Mutilvera de Navarra e tamén o superaron con solvencia. E chegaron á rolda final contra o Arenas de Getxo. "Foi unha eliminatoria de verdade. Quedamos 0-0 na casa e non dabamos por bo o marcador, pero Pichi Lucas estaba moi convencido e díxonos que xa ascenderamos e que o 0-0 era boísimo porque alí iamos marcar. Ao cuarto de hora do partido de volta xa iamos gañando 0-2. Ao final ascendemos".

"Nas eliminatorias dá igual o que pasara na Liga: son partidos de 180 minutos nos que non hai que volverse tolos"


Non se lle deu tan ben como aquilo en Segunda B, co Albacete, cando, despois de bater ao Orihuela, o Cádiz eliminou aos manchegos aos penaltis no Carranza, na segunda rolda, tras senllos 0-0 .

Añón xogou en Primeira División co Deportivo. Actuou en grandes campos con moita afección e mesmo foi ao Calderón co Albacete para derrotar ao Atlético de Madrid en Copa do Rei. Pero ningún campo é como o vello San Mamés, no que tamén actuou no torneo do KO co Alba. "Para min, que son un romántico do fútbol, foi o momento máis bonito. San Mamés eran palabras maiores. O novo é moi bonito, pero aquilo era outra cousa. Alí só xogaron os bos futbolistas", lembra.

O Murcia adestra no campo do Vao de Coruxo

A expedición do Real Murcia adestrará este venres e sábado no campo do Vao de Vigo, despois da maratoniana viaxe que levou a cabo onte o plantel dirixido por Vicente Mir. O técnico convocou a Diego Rivas, Simón, Pumar, José Ruiz, Juanjo, Josema, Golobart, Borja, Armando, Saura, Adrián Cruz, Diego Benito, David Sánchez, Rayco, Elady, Roberto, Víctor Curto e Guardiola.

O Pontevedra exercitarase este venres a porta pechada en Pasarón. Ao final da sesión, as peñas teñen previsto acudir a animar aos futbolistas

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.