de actualidad
Marine Le Pen Marine Le Pen
 
Votacion: 
No hay votos
0

Ponte Caldelas impulsa a segunda edición de 'Naturfeira'

A cita, que terá lugar o vindeiro mércores, ofrecerá todo tipo de actividades lúdicas na Alameda

Xa está todo listo para a segunda edición de Naturfeira, o evento "de estilo de vida alternativo" que Ponte Caldelas vai acoller durante este próximo mércores, Día das Letras Galegas. A capital do Verdugo ofrecerá así nunha iniciativa de lecer para a xornada festiva, pois ao longo do día vaise desenvolver un amplo abano de actividades.

As responsables da asociación Calakux e o alcalde, Andrés Díaz, pecharon xa o programa definitivo. O Concello confirma a celebración definitiva na Alameda, toda vez que as previsións meteorolóxicas apuntan a que haberá bo tempo, polo que non será necesario o traslado ao Pavillón Municipal. Ao mesmo tempo, queda vía libre para o calendario de actividades ao aire libre, entre elas unha andaina polo Sendeiro Azul do río Verdugo. Díaz e as impulsoras de Calakux, Kira Maschanka e Cali Carabelos, están moi satisfeitos da acollida que está a ter esta segunda edición, que contará con 25 expositores. A organización rexeitou moitas propostas de participación chegadas de Galicia e mesmo de fóra, porque a cita está concibida para dar preferencia aos artesáns da bisbarra.

Tal e como sinalan os seus responsables "o espírito de Naturfeira é o dunha feira vivencial, moi pegada ao territorio, que aprecia o valor do local, dos produtos naturais, das cousas feitas coas mans e dos obxectos cunha segunda vida. Así, as plantas medicinais, as verduras orgánicas, os cosméticos e, por suposto, os obxectos artísticos serán os protagonistas do seu mercado". A cita comezará ás 10.00 horas.

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.