O festival 'El més petit de tots' esténdese a Galicia a través de Pontevedra

O evento catalán, que xa conta con presenza en Euskadi, chegará ao Pazo da Cultura o 4 de novembro ►Dirixido a nenos de ata 5 anos, presentará varios espectáculos na cidade
Imaxe de promoción do festival cun dos seus 'niños'
photo_camera Imaxe de promoción do festival cun dos seus 'niños'

O 4 de novembro, o festival El més petit de tots (O máis pequeño de todos) celebrará unha festa en Pontevedra. Trátase de primeira actividade en Galicia deste evento catalán, pioneiro na programación escénica dirixida a nenos de entre 0 e 5 anos, que, fóra de Cataluña, tamén conta con presenza en dez cidades do País Vasco. "La filosofía de Pontevedra encaja perfectamente con la filosofía de nuestro festival", explicou a fundadora e directora artística de El més petits de tots, Eulàlia Ribera, que este martes presentou a extensión pontevedresa da actividade acompañada pola concelleira de Cultura, Carmen Fouces, e a distribuidora de eventos María Mariño (empresa Kandengue).

A primeira actividade do festival en Pontevedra celebrarase no Pazo da Cultura e estará dividida en dúas partes. A primeira consistirá nun foro dirixido a adultos, como creadores e educadores, que estean interesados nas cuestións nas que traballa El més petits de tots. A segunda, dirixida ao público, reproducirá o concepto do festival a través de varios espectáculos, entre eles Baboo, que recrea unha discoteca para nenos pequenos; Planeta Cat, no que unha bailarina convida a explorar un espazo aos cativos, e uns niños xigantes, de dous metros, que lle propoñen aos rapaces entrar e facer descubrimentos sensoriais.

"En Pontevedra buscamos complicidades, sumar energías, seguir tejiendo una red", explicou Ribera, que insistiu en que as propostas do evento están dirixidas a nenos de ata cinco anos. "Los mayores pueden asistir y mirar, pero no participar", dixo. "Nuestra experiencia nos dice que los niños tienen distintos ritmos, pautas y rituales, y es conveniente diferenciar las propuestas para pequeños de las de los mayores".

Ribera tamén sinalou que o festival El més petits de tots, que o 25 de novembro inaugurará en Sabadell a súa 13º edición, caracterízase polo rigor das propostas e ten un carácter transversal, "es decir, busca llegar a los niños, pero también a las familias y a las escuelas"; internacional e contemporáneo, "con una apuesta clara por los nuevos lenguajes". Neste sentido, incidiu en que as propostas teñen moitas veces un carácter abstracto, "que proponen un descubrimiento compartido entre padres e hijos".

MARCA ESPECIAL. A distribuidora María Mariño convidou a participar "na presentación desta marca tan especial que é El més petit de tots, que chega por primeira vez en Galicia e que propón un achegamento ás artes para os máis pequenos, moi afastado do teatro e as propostas máis tradicionais".

Carmen Fouces explicou que as entradas para os espectáculos se poñerán á venda proximamente. "Con El més petits de tots buscamos completar a aposta polos máis pequenos que vimos realizando dende o Concello", dixo. "De feito, converterase na chave de entrada ao Festival das Cóxegas, o ciclo de propostas escénicas para toda a familia que celebramos a finais de ano". Fouces agarda que, tras esta primeira toma de contacto, a colaboración co festival siga medrando. "O noso obxectivo segue a ser axudar a crear cidadáns críticos, comprometidos e solidarios".

Comentarios