Votacion: 
No hay votos
0

Ponse en marcha o Comité Técnico Asesor de Reestruturación Parcelaria de Pontevedra

O delegado territorial da Xunta na provincia José Manuel Cores Toruís, destacou que hai 163 zonas rematadas ► Continúase a traballar sobre outras 38 zonas

José Manuel Cores Tourís preside o primeiro Comité Técnico Asesor de Reestruturación Parcelaria de Pontevedra. XUNTA

José Manuel Cores Tourís preside o primeiro Comité Técnico Asesor de Reestruturación Parcelaria de Pontevedra. XUNTA

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, presidiu este mércores o primeiro Comité Técnico Asesor de Reestruturación Parcelaria de Pontevedra.

Este comité ponse en marcha con carácter provincial a través da Lei de Mellora da Estrutura Territorial Agraria de Galicia e está composto por representantes dos distintos organismos e entidades con competencias na zona de actuación co obxectivo de coordinar as distintas tramitacións que se deben levar a cabo durante o proceso de concentración parcelaria, así como analizar as situacións preexistentes, as actuacións previstas e as incidencias ocorridas durante os procesos de reestruturación parcelaria.

Das 38 zonas abertas 16 xa están en fase de acordo

Deste xeito, son membros, en primeiro lugar, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, en calidade de presidente do comité; o xefe territorial de Medio Rural, Antonio Crespo; a secretaria xefa da Área Xurídica, así como responsables do Agader e dos servizos de Infraestruturas Agrarias, de Explotacións Agrarias, de Montes e da Loita contra Incendios. Tamén estiveron presentes responsables do Servizo de Conservación da Natureza, de Augas de Galicia e de Urbanismo, así como de Patrimonio Cultural.

Por outra banda, tamén asistiron responsables de Unións Agrarias, así como o representante nomeado pola Fegamp, o alcalde de Silleda, Manuel Cuíña.

A concentración parcelaria na provincia de Pontevedra iniciouse nos anos 60, contando xa con 163 zonas rematadas que corresponden a un total de 50.801 hectáreas que afectan a 65.030 propietarios. Continúase a traballar na actualidade noutras 38 zonas abertas, das que 16 están en fase de acordo e 15 teñen toma de posesión dada, o que supoñen 27.995 hectáreas máis a concentrar con 29.310 propietarios.

“O ano pasado, dende a Consellería de Medio Rural, contratáronse obras e servizos técnicos para avanzar nas zonas por un montante de máis de 7,6 millóns de euros”, explicou Cores Tourís, quen engadiu que “para o plan de reestruturación parcelaria deste ano, temos previsto investir un total de 12,5 millóns de euros en obras e servizos en tódalas zonas abertas.

¿Que concentracións están abertas?

Por comarcas, no Salnés atópanse abertas as de Oubiña 2º Sector (Cambados), San Martiño-A Armenteira sector 1 e 2 así como a de Nogueira, a de Paradela e a de San Salvador (Meis), Catoira Norte e Sur, Baión e Tremoedo (Vilanova de Arousa) e Lois-Monte de Ribadumia.

No Deza, Duzame-Insua-Portodemouros e Brandariz (Vila de Cruces), Oleiros (Silleda), Cercio, Noceda-Bendoiro, Val-Bermés-Sello, Vilatuxe e Santa Baia de Losón (Lalín), e Val de Camba (Rodeiro).

No Tabeirós-Terra de montes, Arca-Nigoi, Codeseda e Monte Val do Vea sector II (A Estrada), así como Meavía-Quintillán (Forcarei).

Na comarca de Caldas de Reis, Troáns sector 1 e 2 (Cuntis), Briallos e Romai (Portas) e Godos e Saiar (Caldas).

No Condado-A Paradanta, Oroso (A Cañiza) e A Graña-Campo, Barciademera e Prado-Godóns (Covelo).

Finalmente, na comarca do Baixo Miño, Estás-Goián-Figueiró (Tomiño), e na de Pontevedra, Curro-Portela, Pedecanai-Barro II e Agudelo-Barro-Valiñas (Barro).

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.