de actualidad
Núñez Feijóo Es Actualidad Núñez Feijóo
 
Votacion: 
No hay votos
Sociedad | Galicia | Cultura 0

Callón busca reabrir "o debate social" sobre o idioma en 'Galegocalantes e galegofalantes'

O obxectivo desta obra é dar un "tirón de orellas" ás diferentes administracións que non cumpren co seu papel de velar polos dereitos lingüísticos e as linguas do Estado

Carlos Callón e o director de Edicións Xerais, Manuel Bragado, duante a presentación do libro, en Santiago. LAVANDEIRA JR (EFE)

Carlos Callón e o director de Edicións Xerais, Manuel Bragado, duante a presentación do libro, en Santiago. LAVANDEIRA JR (EFE)

O profesor e expresidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, insta a abrir "o debate social" ao redor do galego ante a "encrucillada" que vive o idioma na actualidade, momento no que a maioría de informes advirten de que é "a única lingua do Estado que perde falantes".

É o obxectivo da súa nova obra Galegocalantes e galegofalantes, publicada a través de Edicións Xerais e que continúa unha serie de libros-ensaio sobre o idioma iniciada en 2010 con En castelán non hai problema.

O director de Xerais, Manuel Bragado, definiu esta publicación como unha "crónica" na que o autor tenta reconstruír un momento concreto e "decisivo" para a lingua, a partir do ano 2009, no que se rexistra "un acusado retroceso dos usos sociais" do idioma tras a aprobación do chamado decreto do plurilingüismo.

Unha situación que, en paralelo, leva a unha "activación social da defensa do idioma" sen precedentes na comunidade galega e que esta obra pretende analizar e situarse como "ferramenta polivalente", explicando un proceso e ofrecendo "coraxe e argumentos" para chamar tanto a cidadáns como institucións á "corresponsabilidade" sobre a lingua galega.

O propio Callón destacou, en rolda de prensa, a súa intención de avivar o "debate social" nun momento de perda de falantes e de falta de recursos e espazos para o galego, tanto en medios de comunicación como no lecer ou os trámites administrativos, entre outros.

"Pero segue vivo, e iso é unha razón para a esperanza", engadiu Callón, quen lembrou que as manifestacións "masivas" rexistradas en Santiago no período que aborda o libro demostran que "hai moita máis demanda de galego que oferta".

Por iso, non busca introducirse no "pesimismo", senón dar un "tirón de orellas" ás diferentes administracións que non cumpren co seu papel de velar polos dereitos lingüísticos e as linguas do Estado, posto que é "necesario" que "esperten do letargo" e impulsen políticas "activas e inclusivas" a favor do idioma. 

"Temos que comprometernos e se algo nos di a historia é que as sociedades que apostan pola súa lingua son sociedades que se desenvolveron", destacou, animando a crer nas "potencialidades" de Galicia e acabar "co autoodio".

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.