Ramón Villares, agradecido tras recibir na súa terra o XXIV Premio Puro Cora

O presidente do Consello da Cultura Galega recibiu o galardón de mans da presidenta do Grupo El Progreso, Blanca García Montenegro

O presidente do Consello Galego, Ramón Villares, recibiu este martes o premio Puro Cora. A presidenta do Grupo El Progreso, Blanca García Montenegro, foi a encargada de entregarlle o galardón unha vez que o director do Grupo, José de Cora, como sectetario do xurado, leu o fallo.

Villares comezou o seu discurso dando as grazas polo premio, que lle chegou de "forma inesperada" e congratulouse de entrar "na historia de ouro de El Progreso". Mostrouse moi agradecido de recibilo na súa "tribo", na súa "terra". En referencia ao diario, asegura que é o seu "periódico dende a infancia".

Blanca García Montenegro eloxiou a "contribución de Villares a divulgar a historia de Galicia" e destacou a diferencia entre xornalista e historiador, este último "máis analítico, pausado e profundo". 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, definiu a Villares como "un dos mellores historiadores de Galicia" e deulle as "grazas" por "contala e proxectala". O titular do Goberno galego foi unha das moitas personalidades que asistiron ao acto, no que Blanca García Montenegro emprazou á 25ª edición do premio, en 2018, e agradeceu un ano máis a presenza do presidente galego.

Comentarios