Poio enterra os disfraces

Os veciños despediron ao Galo Fodorico, morto en plena etapa punk, e último vestixio dun Entroido que durou exactamente un mes
Un grupo de viúvas que chorou polo galo
photo_camera Un grupo de viúvas que chorou polo galo

Os veciños de Poio dixéronlle este sábado adeus definitivamente ao Entroido desde municipio, un dos máis longos da comarca, despois de pasar máis de catro semanas acudindo a desfiles, festas de disfraces, concursos, e sobre todo, enterros de animais emblemáticos, como o galo, o mexillón e o berberecho.

O Enterro do Galo Fodorico, acompañado por ducias de veciños e polas comparsas da contorna, foi o punto final definitivo a esta particular festa, unha das máis apreciadas polos poienses, na que non faltou participación nin humor ata o último instante. Entre os que choraron a Fodorico Bastante abudaron as viúvas e viúvos, os clérigos, bispos e demáis representantes eclesiais e os choqueiros, unha vertente do mundo dos disfraces que se practica con moito talento neste concello.


A tristeza de despedir a este galo tan querido non impediu que os asistentes gozaran dos actos programados para completar a noite


O galo este ano morreu en plena vivencia da súa etapa máis anarquista, tras elexir a corrente Punk para dar saída á súa decepción coa política e co panorama xeral. Tal vez os excesos desa vida anarquista acabaron sendo o detonante desta morte que onte foi celebrada en Arís cunha incineración e co pregón (ou responso) de Chuvi, o cantante de Champurrada e dos membros da Asociación Armadiña.

Entre os colectivos presentes, estiveron Os 100 tolos, Priscila Raíña de Samieira, Os Canecos e comparsas chegadas desde Marín, Monte Porreiro, Arcade e Bora.

A tristeza de despedir a este galo tan querido non impediu que os asistentes gozaran dos actos programados para completar a noite: a Festa do Choqueiro, a sesión de zumba e a verbena, co trío Azabache.

Os veciños de Poio iniciaron as festas de Entroido hai exactamente un mes: o 26 de febreiro, con dous desfiles, un deles en Samieira e outro na zona central do Concello e Campelo.

Este ano, ademais, case todas as convocatorias se puideron celebrar con puntualidade e a choiva só obrigou a adiar o Enterro do Mexillón.

Comentarios