Máis de 10.000 persoas xa visitaron o Salón do Libro

A XVIII edición da mostra chega ao seu ecuador amosando unha saúde envexable
Un dos numerosos nenos que acudiron ao Salón do Libro
photo_camera Un dos numerosos nenos que acudiron ao Salón do Libro

A XVIII edición del Salón do Libro, Feira da Literatura Infantil e Xuvenil de Pontevedra, chegou este domingo ao seu ecuador volvendo a amosar unha saúde envexable, a tenor do numeroso público que se achegou ó Pazo da Cultura. Así, tralo remate da segunda fin de semana, o número de visitantes entre escolares e público xeral supera xa os 10.000. Nesta semana achegáronse ó Salón algo máis de 6.000 persoas.

Un dos espectáculos máis exitosos ata o de agora foi a actuación musical de Migallas Teatro, Canta connosco!, que congregou o pasado sábado a case 600 espectadores no Auditorio.

Non só as familias de Pontevedra acudiron ó Salón do Libro. Vigo, Marín, Vilaboa, Cangas Vilagarcía, Salceda de Caselas ou Baiona son algúns dos lugares de procedencia dos visitantes. Aínda que tamén se achegaron numerosas familias de fóra da provincia, como de Boiro, Santiago, A Coruña, Carral, Xinzo de Limia ou Vilalba.

Este luns será o último día de obradoiros para os centros que colaboraron cos traballos da exposición. As visitas guiadas e os espectáculos continuarán ata o vindeiro 31 de marzo.

Comentarios