Concerto: XI aniversario da Sala Karma

Furious Monkey House inicia una nueva etapa al incorporar a Diego Flores

A banda de cativos, que puxo en marcha Gonzalo Maceira, prepara o seu segundo disco
Mariña Paz, Carlota Montoya, o ‘mono furioso’, Irene Teijeira, Amaya Blanco e Diego Flores (de esquerda a dereita)
photo_camera Mariña Paz, Carlota Montoya, o ‘mono furioso’, Irene Teijeira, Amaya Blanco e Diego Flores (de esquerda a dereita)

O grupo de rock de cativos de Pontevedra Furious Monkey House vén de anunciar o inicio dunha nova etapa. Fíxoo oficialmente, o pasado 10 de marzo, a través das redes sociais, cunha mensaxe na que anunciaba que preparaba novo disco e que o guitarrista Manu Tomé deixaba a banda e se incorporaba no seu lugar Diego Flores, alumno do IES Valle-Inclán.

"Manu Tomé se despide de la casa del mono. Ha sido un placer compartir todo esto con él"

"Queremos daros las gracias a todos por este año tan increíble que nos habéis dado. Hemos cerrado una primera etapa mágica con Furious Monkey House conociendo a gente increíble y viviendo experiencias únicas", escribían. "Para esta nueva aventura de monadas furiosas, Manu Tomé se despide de la casa del mono... Ha sido un placer haber compartido todo esto con él, y haber crecido musicalmente a su lado. ¡¡Gracias por todo, hermano!!".

A banda Furious Monkey House foi creada, a comezos de 2014, con cativos de 9 e 10 anos, como un proxecto educativo do músico e mestre Gonzalo Maceira (Tractor Troy). Ese mesmo ano actuou no festival Surfing the Lérez e uns meses despois, en febreiro de 2015, viaxou ata os estudios Abbey Road de Londres para gravar o seu primeiro traballo discográfico, Run, que lanzaría a finais de ano. Tras fichar pola empresa de management Esmerarte (Vetusta Morla, Xoel López) lanzáronse a nivel estatal. Ofreceron concertos por toda España, participaron na banda sonora da película Zipi y Zape y la Isla del Capitán e estiveron nomeados aos premios de Los 40 Principales.

Comentarios