Buñuel en México, esta semana no Táboa Redonda

Luis Buñuel estreou a súa primeira película en México hai 70 anos. Ramón Rozas analiza a etapa máis frutífera do director.

Antonio Costa descúbrenos en Cali outro cineasta suramericano, Andrés Caicedo.

Manuel Gago escribe sobre o medo, baseándose no libro Patria de Fernando Aramburu.

Xurxo Chaplela reflexiona sobre a vixencia da censura.

Javier Nogueira fala de estratexia militar a raíz dun ensaio de Lawrence Freedman.

Antón Lopo descúbrenos un personaxe fascinante da Compostela da Transición, Francisco del Carro.

Portorosa analiza as polémicas sobre os carteis de Entroido.

Jaureguizar fai apuntamentos sobre a renovación na presidencia da Real Academia Galega.

Comentarios