Mario Barco podría reaparecer este fin de semana ante el Burgos

Luisito non terá novas baixas no partido que se xogará en Pasarón
Mario Barco en el momento de su lesión
photo_camera Mario Barco en el momento de su lesión

O Pontevedra non terá novas baixas a próxima fin de semana no partido que o enfrontará ao Burgos en Pasarón, despois de que os protagonistas do derbi da Malata acabasen o enfrontamento nas condicións físicas adecuadas.

Ademais, a escadra granate non padecerá novos problemas de sancións, polo que Luisito poderá dispoñer novamente de 19 xogadores, se non se produce ningún contratempo ao longo da semana de adestramentos.

Os responsables sanitarios do cadro da cidade do Lérez non descartan tampouco unha posible reaparición de Mario Barco, despois de máis dun mes e medio fóra dos terreos de xogo por unha forte escordadura de nocello. O calagurritano segue co seu proceso de adaptación ao ritmo dos seus compañeiros nas sesións preparatorias, aínda que ata o sábado non se saberá se poderá regresar á actividade.

Comentarios