de actualidad
Leopoldo López Leopoldo López
 
Votacion: 
No hay votos
Pontevedra 0

Proxecto Carabuñas

Tres nais de Monte Porreiro poñen en marcha unha programación de animación á lectura no centro cultural do barrio ►A iniciativa celebrou este xoves o seu primeiro aniversario

Os pais e os nenos da Biblioteca Carabuñas festexando o seu primeiro ano de vida. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Os pais e os nenos da Biblioteca Carabuñas festexando o seu primeiro ano de vida. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O antecedente inmediato foi Picapau. "Era unha iniciativa de animación á lectura posta en marcha por pais de Monte Porreiro, que funcionou durante un tempo no centro cultural", explica María José Fraga. Finalmente, Picapau acabou por deixar de funcionar. Pero tres nais deste barrio de Pontevedra apostaron por recoller o espírito daquela iniciativa. Unha delas era a propia María José Fraga; as outras dúas, Susana López e María Costas. Bautizaron a experiencia Biblioteca Carabuñas. Onte celebraron o seu primeiro aniversario.

"A Monte Porreiro non chegan moitas actividades dende fóra", explica Fraga. "Quero dicir que aquí non hai contacontos e outras actividades para nenos, fóra do ámbito escolar. Por iso xuntámonos as tres, porque se ninguén o facía, pois xa o faciamos nós".

Quedaron en xuntarse todos os xoves, ás 18.00 horas, no Centro Cultural de Monte Porreiro. Levaban uns contos e líanllos aos seus fillos e aos seus amigos. "O primeiro foi ‘Carabuñas’, da editorial OQO [tamén de Monte Porreiro]. Por iso decidimos chamarnos así". Hoxe veñen xuntándose na Biblioteca Carabuñas unha ducia de rapaces.

OBXECTIVO. O obxectivo principal, segundo conta a nai, era animar aos nenos a ler. "Eu penso que o conseguimos. Agora non é só que leamos as nais e os pais, tamén len eles. E cando non lles deixas, enfádanse!". Pero a proposta das nais medrou e foi máis alá. Primeiro, involucrando a moita máis xente. "A verdade é que a acollida que tivemos no barrio foi espectacular. Tanto dende o centro cultural como dende os centros escolares, tanto dende as familias como dende os negocios, todo o mundo quixo colaborar con nós e, en canto lle comentabamos calquera cousa, apuntábanse". Por outra banda, a idea de facer contacontos e actividades de animación á lectura expandiuse a todo tipo de propostas culturais e de ocio. "Por exemplo, fixemos sesións especiais adicadas ao zumba ou ao ioga; houbo música; no Nadal veu Papá Noel e, aproveitando que un dos cativos facía maxia, convidámolo a facer unha actuación. Aproveitamos ao máximo os nosos recursos".

Para os contacontos nútrense dos fondos familiares e dos do centro cultural. "En calquera idioma: en galego, en castelán, en inglés e ata en brasileiro", indica María José Fraga. "E agora cumprimos un ano. É moi emocionante".

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.