Estrela de Marín anima á veciñanza a empezar o ano 'con boa pata'

Cada establecemento asociado repartirá 150 boletos entre os seus clientes no momento da compra

Comeza o ano con boa pata’. Baixo este nome, o Centro Comercial Aberto Estrela de Marín porá en marcha dende o 9 de decembro ao 9 de xaneiro, unha nova edición da campaña de dinamización comercial de Nadal, cos obxectivos de incentivar o consumo e premiar a fidelidade dos clientes. 

Deste xeito, cada establecemento asociado disporá dun cartel promocional e de 150 boletos que repartirá entre os seus clientes no momento da compra. Os boletos, de estilo ‘tómbola’, agocharán multitude de premios directos, entre os que figuran 40 xamóns, 100 estoxos de viño, artigos de xoiería, packs de estética, vales compra, agasallos para os máis cativos, vales desconto e 400 bolsas reutilizables. 

No caso de que non se obtivese premio directo, poderase optar a gañar 6 vales de compra, 4 de 100 euros e 2 de 50 euros, así como 3 xamóns. Este sorteo efectuarase o martes 12 de xaneiro ás 13.00 horas. 

Máis de trinta comercios asociados participan na tarxeta de fidelización

Ademais, o 23 e 24 de decembro, Papá Noel percorrerá os establecementos asociados, agasallando con caramelos aos máis cativos. E na medianoite do 24 de decembro, Papé Noel agasallará cunha cesta de xoguetes ao neno ou nena cuxa carta sexa substraída do buzón de Nadal, que se instalará na sede social de Estrela dende o 12 de decembro. 

TARXETA DE FIDELIZACIÓN. A maiores da campaña de Nadal, Estrela de Marín vén de lanzar unha tarxeta propia, que empezou a funcionar o día 1. 

Máis de trinta establecementos asociados participan na iniciativa e repartirán as tarxetas de xeito gratuito entre os clientes máis fieis. Estos consumidores, beneficiaranse de vantaxes exclusivas como descontos ou promocións e sorteos especiais.

Comentarios