«La bruja puede ser la mujer adaptada a su tiempo; ahí está la perspectiva feminista»

"Estes premios poñen a atención en que non se acadou a igualdade real"

Dous dos catro galardonados cos Ernestina Otero graduáronse na Universidade de Vigo ►O obxectivo é incorporar a perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e mestrado
Os premiados, xunto con Fouces, Lores e representantes da universidade
photo_camera Os premiados, xunto con Fouces, Lores e representantes da universidade

O traballo de fin de grao no que Tamara Fernández avalía o impacto da coeducación no desenvolvemento persoal e o proxecto de fin de mestrado no que Rebeca López, graduada en Belas Artes, afonda no concepto de bruxa na creación audiovisual contemporánea son dous dos traballos gañadores dos Premios Ernestina Otero, que se entregaron este luns nun acto celebrado na Casa da Luz.

Na terceira edición destes galardóns, aberta ao alumnado das tres universidades galegas, tamén foron seleccionados polo xurado os proxectos de fin de grao de Bárbara Penas Rey e de Ignacio Márquez Collazos. Están dotados cun premio económico de 1.000 euros e un diploma de mención.

Concorreron 17 proxectos defendidos durante o curso 2015-2016. O obxectivo dos premios era recoñecer investigacións vencelladas ao fomento da igualdade entre homes e mulleres, así como a promover a sensibilización e participación da cidadanía.

O impacto da coeducación no desenvolvemento persoal é o título co que Tamara Fernández, titulada en Educación Primaria na Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense, resultou merecedora dun destes premios na categoría de traballos de fin de grao. Nun ensaio titorizado pola profesora Purificación Mayobre, Fernández desenvolve unha proposta de actuación coeducativa para os dous primeiros cursos de Educación Primaria, na que «as actividades que a compoñen se abordan en distintas materias como un tema transversal e convidan á reflexión sobre a desigualdade de xénero mediante o traballo cooperativo e a educación en valores». Igualdade, respecto e recoñecemento da diversidade constitúen neste senso o eixo desta proposta de intervención nun camo de traballo «prioritario», como é o educativo, segundo destacou o xurado no seu fallo.

«Este tipo de premios recíbense con ledicia, posto que poñen o foco de atención sobre o feito de que aínda non se acadou a igualdade real», engade Fernández respecto duns galardón que motivan o xurdimento de «propostas de mellora e transformación». Xunto co seu proxecto, na categoría de grao tamén foron recoñecidos os traballos A educación afectivo-sexual en persoas con diversidade funcional e intelectual, de Bárbara Penas (USC), e Escola de Igualdade: Proxecto de formación en igualdade de xénero para o monitorado de Noites Abertas, de Ignacio Márquez Collazos, (Universidade da Coruña).

Tamara Fernández Estudiante galardonada As actividades abórdanse en distintas materias mediante o cooperativismo e a educación en valores»