Descontos nos comercios morracenses polo ‘Black Friday’

Hoxe ofrecerán prezos rebaixados 42 establecementos de Bueu, Cangas e Moaña

O comercio morracense apúntanse con forza a iniciativa promocional ‘Black Friday’, que terá lugar durante a xornada de hoxe. Así, nun intento de dinamizar as compras no comercio local de cara ao Nadal, 42 establecementos de Bueu, Cangas e Moaña, todos eles adheridos á Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo, Fecimo, sumanse a esta iniciativa.

A entidade puxo en marcha unha campaña de promoción dos comercios asociados que fagan ofertas e promocións nesta data a través de varias accións, como o deseño e publicidade dun catálogo on-line con todas as ofertas e a promoción e divulgación de todos os descontos na web www.compranomorrazo.com, no apartado Aforra no Morrazo. Ademais, compartirase nas redes sociais co propósito de achegarse ao maior número de potenciais clientes. Deste xeito, os clientes do Morrazo localizarán todos os comercios asociados que participen no ‘Black Friday’.

Durante toda este semana deseñáronse as ofertas que lucirán de maneira conxunta nos escaparates dos comercios adheridos.

Comentarios