Pacientes del centro de salud de Anafáns podrán ser atendidos en Combarro

O ambulatorio conta con 250 metros de superficie útil e será ampliado pola Xunta de Galicia e polo Concello
Centro de saúde de Anafáns
photo_camera Centro de saúde de Anafáns

Algúns dos pacientes que acoden regularmente ó centro de saúde de Anafáns do concello de Poio terán a posibilidade de recibir a atención primaria en Combarro, algo que será beneficioso para aquelas persoas que vivan máis cerca deste lugar. En xeral, trátase dunha actuación que supón unha melloría no reparto da asistencia de saúde da vila poiense.

Esta decisión xorde a raíz de que un dos médicos que exerce o seu traballo no citado ambulatorio comezará a prestar os seus servizos en Combarro, polo que o propio Sergas e os membros deste centro de Anafáns están informando ós pacientes pertencentes ó cupo deste profesional que teñen a posibilidade de elixir entre estas dúas zonas. A decisión irá á súa elección, segundo lles conveña.

AMPLIACIÓN. Cómpre recordar que foi no mes de outubro cando saíu a licitación a redacción do proxecto de ampliación deste ambulatorio.

O centro, que conta cunha superficie de aproximadamente 450 metros, alcanzará os 650 coa futura reforma. Trátanse dunhas obras que son altamente demandadas polos usuarios que acoden frecuentemente ó lugar. De feito, o establecemento data da década dos 90, momento no que tivo lugar o primeiro mandato do actual alcalde, Luciano Sobral.

A Xunta de Galicia comezou a estudar este proxecto a mediados do ano pasado, xa que por esas datas o centro médico tiña asignado un elevado volume de poboación que superaba as 10.000 persoas, das que 2.000 eran pacientes pediátricos. As queixas e alertas dos veciños foron os detonantes deste proxecto, xa que consideraban que os medios existentes eran insuficientes.

Comentarios