EN IMÁGENES. Luisito y Jacobo protagonizan la anécdota de la sesión

O bo ambiente que se respira no seo do equipo reflictiuse perfectamente este luns no adestramento

Nun balón dividido, Jacobo Millán e Gonzalo acudiron á disputa. O media punta de Bueu saíu prexudicado cun golpe e non tardou en laiarse, feito que foi reprobado por Luisito.

Mentres facía series de abdominais, reclamou a atención do fisioterapeuta Manu Barros. Ao comprobalo, o adestrador fixo un comentario socarrón que provocou as risas de tódolos presentes, incluído o propio Jacobo. Cando o xogador, axeonllado, era atendido por Barros, o técnico aproximouse a el, derrubouno dun empurrón e continuou acusándoo de choromicas entre risas xeralizadas.

Pouco despois Jacobo superou a dor, ergueuse e seguíu adestrando ata o remate da sesión.

Comentarios