La biblioteca Antonio Odriozola prestó 3.500 libros menos en 2015

A dirección achácao a que os lectores se decantan cada vez máis polo formato dixital e por préstamos de material audiovisual
Imagen de una de las plantas de la biblioteca pontevedresa
photo_camera Imagen de una de las plantas de la biblioteca pontevedresa

6.804 persoas teñen carné da biblioteca Antonio Odriozola de Pontevedra. Este dato, xunto aos doutros centros da rede de bibliotecas públicas do Estado, foi publicado este lunes polo Ministerio de Cultura aproveitando a celebración do Día das Bibliotecas. O número de usuarios que fan uso destas instalacións na cidade segue sendo elevado, pero en 2015 descendeu. Así, en 2014 o centro contaba con dez usuarios máis que se mantiveron activos ao longo do ano.

No que se refire a visitas, 164.670 persoas pasaron polo centro pontevedrés ao longo de 2015. Ademais, realizáronse 123.073 préstamos, a maioría deles de libros, aínda que o material audiovisual tamén é moi solicitado. Deste xeito, os usuarios colleron prestados 73.805 volumes (fronte aos 77.392 de 2014) e 48.765 materiais audiovisuais. Aínda que a demanda de libros descendera en 2015 con respecto ao ano anterior, no que se refire a material audiovisual o número de exemplares collidos como préstamo polos usuarios da biblioteca aumentou nuns 4.000. A directora das instalacións recoñece que "ha bajado un poquito el préstamo de libros, pero debemos tener en cuenta que ahora se prestan también libros electrónicos a través de la plataforma GaliciaLe-eBiblio". Non existe un rexistro do número de préstamos de libros electrónicos en Pontevedra xa que os datos son para toda Galicia e non están desglosados.

O arquivo conta cunha colección de 212.051 volumes, que medrou no último ano un 1,17%, o que supón uns 2.462 exemplares máis. Tendo en conta os documentos audiovisuais e electrónicos cos que conta a biblioteca, o centro sumaría preto de 24.000 documentos máis aos seus fondos, unhas cifras por enriba das de 2014. Así, a biblioteca fíxose con 4.616 novas adquisicións no último ano.

Entre os datos publicados polo Ministerio, tamén se fai reconto do número de actividades realizadas ao longo do ano nas instalacións. Encontros de literatura, representacións de teatro, cursos ou exposicións son algunhas das 242 actividades que acolleu o centro no período de tempo estudado. A estas actividades acudiron 14.039 persoas, entre público adulto e infantil.

NOVO CURSO. A programación para o curso 2016-2017 xa está preparada e a dirección da biblioteca adianta que se manteñen citas xa habituais como os cursos quincenais de Filosofía para niveis de iniciación e avanzado e os clubs de lectura en varios idiomas: inglés, francés, portugués, castelán e galego.

Ademais, todos os venres hai talleres e sesións de contacontos para os máis pequenos. Así,ao longo do mes de novembro levaranse a cabo obradoiros como o titulado ‘Outra realidade’, dentro das actividades do Mes da Ciencia (5 de novembro), unha sesión de contacontos adicada a Manuel Lueiro Rey (11 de novembro) ou as ‘Historias encontadas’ de Pavís Pavós (18 de novembro).

Unha das novidades deste ano é a creación do ‘Observatorio socioeducativo inspira’, unha plataforma pensada para reunir aos implicados no mundo da educación en diferentes sesións nas que se exporá unha experiencia inspiradora para logo crear un debate arredor dela e buscar unha solución común aos problemas plantexados.


Comentarios