Los talleres del Mini Pazo Club generan una gran cola en el día de inscrición

Hai cinco obradoiros e os denominados como 'Á procura do tesouro' e 'Rocklam' están practicamente cubertos
Xente á espera para poder inscribirse
photo_camera Xente á espera para poder inscribirse

Cerca de 100 persoas estiveron agardando diante do Pazo da Cultura para apuntar os seus fillos nos obradoiros do Mini Pazo Club, xa que as inscricións abríronse este luns ó publico. Por comentarios en redes sociais como Facebook, púidose saber que moitos dos asistentes estiveron esperando desde as 5.30 horas. O persoal que traballa no espazo chegou ás 7.30 da mañá e ás 8.00, que é o momento de apertura do Pazo, comezouse a atender a toda a xente. Nunha hora despacháronse a todos os presentes e, como máximo, estes tiveron que esperar quince minutos para realizar a súa inscrición. En xeral, trátanse duns datos que mostran claramente como estes talleres causan unha grande expectación entre o público pontevedrés.

A actividade denominada Á procura do tesouro, que versa sobre a expresión dramática, plástica e musical, foi unha das máis demandadas, xa que dos seis obradoiros cos que conta, cinco quedaron totalmente cubertos e o último só ten dispoñibles dúas prazas. Algo parecido pasou con RockLab, unha actividade que se centra na expresión musical e na que unicamente quedan catro vacantes.

A hora do conto é un taller de animación á lectura no cal se inscribiron 22 persoas, pero que aínda conta con varias prazas libres.

Os que menos repercusión tiveron foron Experimenta, un obradoiro de arte e cultura visual, e Tecnoloxía creativa, que aínda dispoñen da maioría das inscricións baleiras. Tecnoloxía creativa supón a novidade deste ano para o Mini Pazo Club e está coordinado pola empresa cultural de divulgación Ceo Aberto. Un dos seus obxectivos é lograr que os nenos e nenas anotadas poidan aprender sobre enxeñaría, matemáticas ou ciencia da forma máis orixinal e didáctica posible.

Ademais, esta non será a única innovación nesta tempada, posto que en Rocklab vaise apostar por grupos de rapaces máis pequenos e só haberá un para alumnado avanzado maior de 10 anos.

En total son cinco propostas de actividades nas que os nenos se poden apuntar ata completar as prazas. Cada persoa poderá anotar a catro participantes como máximo e, unha vez que as inscricións estean esgotadas, realizarase unha lista de agarda para cada un dos talleres.

As cotas de inscrición varían entre cada actividade: RockLabExperimenta e Tecnoloxía creativa custan 80 euros, mentres que para ‘A hora do conto’ e ‘Á procura do tesouro’ é necesario pagar unha contía de 40 euros.

Comentarios