Nórdica e negra

Un adianto dos contidos que poderá atopar o domingo no suplemento Táboa Redonda

A literatura negra que se escribe nos países nórdicos é unha das máis seguidas e activas. María Valcárcel cóntanos como sigue evolucionando e adoptando novos temas, como os inmigrantes sen documentación. O noso crítico Javier Nogueira comenta a obra de Martín Caparrós sobre a fame como catástrofe mundial, que vén de recibir o Prmeio Caballero Bonald de Ensayo. A exposición que o artista vasco Txomin Badiola abríu en Madrid centra o artigo de Ramón Rozas. Portorosa dedica a súa achega semanal ao aburrimento e Antonio Costa revela a emoción que lle provoca o cinema de Kaurismaki. A páxina de Jaureguizar é unha reflexión sobre os celos a raíz do cambio de editorial de Roberto Bolaño e de Spinoza.

Comentarios