A Orde dos Sanbeniteiros bota a andar para obter recoñecemento

Os conmemorados deste ano foron: Crisanto Rial, Carmela Reboreda, Manuel Ogando e Constante Rodríguez
O acto dos Sanbeniteiros no Patio nobre do Monasterio de Lérez
photo_camera O acto dos Sanbeniteiros no Patio nobre do Monasterio de Lérez

O acto de recoñecemento e ingreso na Orde dos Sanbeniteiros realizouse este domingo, ás 14.00 horas no adro do Mosteiro de Lérez. O obxectivo deste acto é revitalizar e divulgar a parroquia de Lérez, por situación xeográfica, influencia cultural e social en Pontevedra e contorna, así como de posta en valor da súa riqueza xeográfica, ecolóxica e humana.

Por iso, se constituíu o Consello Rector da Orde dos Sanbeniteiros, entendendo a ‘San Benito’ como ese persoeiro intemporal que ao longo dos séculos acompaña a Lérez mais alá de calquera outra clasificación e instauraron unha cita anual na que serán aqueles que a criterio do Consello Reitor teñan merecemento pola súa defensa dos intereses da parroquia tanto no eido Cultural, como social ou deportivo pero que por encima de todo sexa Lérez o referente.

A orde dos Sanbeniterios nace sen ánimo de lucro e da necesidade de que a parroquia de Lérez teña un vehículo de recoñecemento e de impulso as actuacións que teñan a Lérez como eixo central.

Con este obxectivo, o Consello Rector pretende nomear a aqueles veciños que tanto por traxectoria como polo seu apoio a Lérez, contribuen no seu día a día de forma desinteresada a poñer á parroquia con letras maiúsculas no mapa. O acto consistiu na imposición dunha estola representativa da Orde dos Sanbeniteiros, así como a entrega dun diploma acreditativo deste recoñecemento. O evento estivo marcado nun xantar ao que asistiron 130 comensales, que foi o tope que os organizadores estableceron nun principio, a demanda foi tal que hubo xente que quedou fora.

A presentación estivo a cargo de do membro da Radio Pontevedra Cadena Ser, Oswaldo García. Os diplomas e as bandas conmemorativas de Sanbeniteiros 2016 foron entregados aos correspondentes por distintas personalidades: o cura do Divino Salvador de Lérez, Crisanto Rial López, recibiu a súa conmemoración a cargo do cura da Igrexa de Santa María, Javier Porro; a Colaboradora veciñal e organizadora catequista parroquial, Carmela Reboreda Sánchez, por o concejal do Partido Popular, César Abal; o Presidente da Asociación Cultural Santísimo Cristo do Consuelo, Manuel Ogando Casalderrey, por Jesús Filgueira; e o primeiro presidente da Asociación de Veciños de Lérez, Constante Rodríguez Santos, da mán de María José Abilleira.

Seguidamente, actuou o grupo vocal masculino ‘Os da Chispa’ de Lérez, baixo a dirección maxistral de Merchi Tilve, que interpretou ‘Si vas a San Benitiño’, entre outros temas.

O acto finalizou coa actuación da escola de gaiteiros en toque pechado de ‘Gaiteiros das Rías Baixas’, os cales tocaron o Himno Galego. O Consello Rector quere agradecer a asistencia dos participantes e os espera nunha próxima cita.

Comentarios