Ana Pontón pon Distribucións Arnoia como exemplo de internacionalización

A candidata do BNG á presidencia da Xunta quere unha rede de embaixadas comerciais e asumir a competencia estatal
A candidata, á esquerda, nun percorrido polo interior da nave de Distribucións Arnoia.
photo_camera A candidata, á esquerda, nun percorrido polo interior da nave de Distribucións Arnoia.

Unha empresa da comarca de Pontevedra, con máis de 25 anos de historia, que coloca o seu produto en todos os puntos da Península e que ten abertos mercados en 44 países do mundo.

Ese esceario, o de Distribucións Arnoia, que ten a súa nave industrial no polígono de A Reigosa, en Ponte Caldelas, é o que escolleu a candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón, para defender un programa económico no que teña maior papel a internacionalización das empresas que operan en sectores estratéxicos.

"Esta empersa é un exemplo do potencial que hai no nos país, da capacidade empresarial cando se aposta por proxectos solidos e pioneiros", indicou a candiadata, que anunciou que se o BNG goberna, creará unha rede de embaixcadas comerciais propias para favorecer a internacionalización. "Cremos nun novo modelo de desenvolvemento económico e social e tamén é preciso para fortalecer o tecido empresarial e o emprego. Imos aprobar un programa no que incidiremos na necesidade da creación dunha rede de embaixadas comerciais. É fundamental asumir as competencias que ten o Estado en materia de comercio exterior. É esencial para deseñar unha estratexia que responda ás necesidades que hai neste momento no país", anunciou. A política comercial galega debe pasar, ao seu xuízo, por reforzar a relación cos mercados lusófonos e con outros "cos que non está suficientemente explotada, como China ou Xapón", declarou.

DEBATES. Pontón, que tivo ocasión de charlar co empresario José Maaría Argiay e a súa dona, copropietarios da firma, aproveitou o encontro para felicitarse pola decisión da TVG de emitir un debate electoral nesta convocatoria. "Xa o pedíramos nas xerais e daquela o señor Feijóo non se dignou debater. Pensamos que un debate é insuficiente, e propuxemos que houbera tres, como nas anteriores eleccións autonómicas". Pontón sostén que sería necesaria, como mínimo, unha segunda volta, "xa que nesta convocatoria se presentan máis partidos ca na anterior e os cidadáns teñen que ter a oportunidade de contrastar as diferentes opcións e programas".

Comentarios