O dono do espantallo de Poio defende o seu aparello ante o Concello

O propietario afirma que é un produto homologado e non o retirará
O terreo situado na zona de Portosanto onde foi instalado o detonador para protexer as viñas
photo_camera O terreo situado na zona de Portosanto onde foi instalado o detonador para protexer as viñas

O dono do espantallo que emite detonacións cada dous minutos desde as oito da mañá para afastar aos paxaros dos cultivos en Portosanto, Poio, acudiu este mércores ao Concello para explicar a súa situación e respostar en persoa ás críticas recibidas por parte da veciñanza e á ameaza de ser sancionado cunha multa de 6.000 euros.

O rexedor, Luciano Sobral, indicou que puidera charlar un pouco co priopietario, ao que se lle ía enviar un requirimento por escrito para que suspendera de xeito cautelar a actividade, ante o elevado nivel de ruído das detonacións e a insistencia das mesmas. 

"O propietario non parece moi disposto a retirar o aparello, e presentou a factura conforme foi comprado nunha tenda e o folleto explicativo do mesmo, para indicarnos que se trata dun produto homologado e defender o seu dereito a seguir empregándoo".

Sobral explicou que o titular "iba a consultar coa avogada do Concello. Nós tamén temos que estudar o caso, xa que nunca tiveramos nada parecido. Ata o de agora aplicabamos a normativa galega de ruídos, pero refírese máis ben a locais, así que haberá que velo". O espantallo da discordia seguía funcionando este mércores e causou gran debate entre os veciños, pois algúns consideran que é innecesario facer tanto ruído, metres outros defenden o dereito a protexer a colleita.

Comentarios