"Enciclopedia viva" da historia de Pontevedra

Luís Bará, concelleiro responsable de Patrimonio Cultural e Etnográfico, pon a Sabino Torres como "un exemplo a seguir"
Sabino Torres, durante unha entrevista concedida a Diario de Pontevedra na cafetería Blanco y Negro
photo_camera Sabino Torres, durante unha entrevista concedida a Diario de Pontevedra na cafetería Blanco y Negro

Sabino Torres foi "un dos protagonistas da vida cultural e intelectual de Pontevedra, sobre todo da segunda metade do século XX", segundo destaca o concelleiro de Patrimonio Cultural e Etnográfico, Luís Bará.

O edil nacionalista sinala que o editor, escritor e periodista "mantivo o compromiso, a iniciativa e o protagonismo cultural durante toda a súa vida. Recentemente seguía en activo, publicando obras e desenvolvendo proxectos editoriais. Tiña unha enerxía, un entusiasmo e unha vitalidade que o converten nun exemplo a seguir".

"Era unha enciclopedia viva da historia de Pontevedra e sempre tivo unha actitude de colaboración, empuxe e ánimo para sacar adiante iniciativas culturais. Mantívose en pé ata o último momento pensando en Pontevedra. Ese é un legado que nos queda e que temos que coidar e darlle continuidade". Bará engade que "sería interesante renderlle unha homenaxe e unha lembranza porque temos moito que agradecerlle. Foi unha persoa moi xenerosa con Pontevedra e coa cultura".

O presidente do Museo Provincial, Carlos Valle, cita a Sabino Torres como "una parte muy importante de la historia cultural de Pontevedra, con iniciativas muy diversas. Pontevedra tiene una deuda con él y con otra serie de personas que de una manera muy callada hicieron, hacen y seguirán haciendo mucho para que esta ciudad responda a la calificación que tiene de ciudad que hace mucho por la cultura. Fue una persona clave, durante muchas décadas, de esa cultura pontevedresa de la que todos presumimos. Siempre que se le pidió colaboración para alguna actividad se mostró muy dispuesto a colaborar y a aplicar la fórmula de que la unión hace la fuerza. Siempre sumó".

O escritor e xornalista Luís Rei subliña que Sabino Torres foi "unha referencia nos peores anos da ditadura para revitalizar a cultura en Pontevedra a través do labor editorial e xornalístico, impulsando cabeceiras de prensa local nas que colaboraban figuras que logo se revelaron como moi importantes na cultura deste país. Axudaba a crear grupos, a que se interrelacionasen entre si distintas persoas de distintas disciplinas artísticas".

O exalcalde de Pontevedra José Rivas Fontán asegura que levou "un disgusto enorme" cando se enterou da morte de Sabino Torres, "una pieza clave en la reinauguración del Teatro Principal. Nos embarcamos en un proyecto muy complejo, que incluso fue considerado por el Ministerio de Cultura como el mejor festival de teatro, música y danza de España en aquel momento. Sabino fue el comisario que confeccionó el programa, en el que estaba lo más granado de la cultura musical".

A directiva da Asociación Galega de Editoras emitiu onte un comunicado no que lamenta a perda de Sabino Torres, ao que cualifica como "unha figura irremprazable da nosa lírica no século XX, respectado e apreciado referente intelectual, memoria crítica e vibrante da súa cidade. O mundo da edición en Galicia perde un exemplo de compromiso coa lingua e coa cultura, un promotor de ideas e iniciativas que foi quen de facer posible o imposible nunha época privada de plena liberdade para actuar a prol do desenvolvemento do país".

A escritora Elvira Riveiro cita a Sabino Torres como "unha persoa moi importante na historia da literatura galega por ter sacado a primeira colección de poesía na época da postguerra, cando o panorama cultura galego era un ermo. Os últimos contactos que tiven con el foron a través das redes sociais".

O xornalista Xabier Fortes publiou este luns en Twitter: "Lunes duro y triste para la cultura gallega y la ciudad de Pontevedra. Ha muerto Sabino Torres, periodista, escritor, editor y un tipo genial".

A través desta mesma rede social Francisco Castro, escritor e editor en Galaxia, dixo estar "triste polo pasamento de Sabino Torres, editor imprescindible da nosa historia".

A Editorial Kalandraka escribiu: "Sabino Torres, in memoriam: Grazas polas palabras, pola sabedoría, polo alento", mentres que a Casa Museo Manuel María puxo en Twitter: "O noso pesar pola morte de Sabino Torres, un dos responsábeis da colección Benito Soto, onde Manuel María publicou o seu primeiro libro".

Tamén a través de Twitter, a presidenta da Deputación, Carmela Silva , escribiu: "Un recuerdo lleno de reconocimiento para Sabino Torres, una de esas personas que han defendido y difundido la cultura gallega".

Comentarios