O anxo voa aínda

A creatividade de Bob Dylan continúa rodando. Este mes cumpre 75 anos e quita disco, Fallen angels. Pedimos a Ramón González Rey a súa visión sobre ambas as noticias coa base dunha nova biografía. Visítanos Henrique Mariño para escribir sobre a naturalidade editorial que caracteriza a Libros del K.O. Nacho Mojón volve sobre as reviravoltas do amor e Portorosa, sobre as reviravoltas que damos para comprendernos. Jaureguizar soubo do amor de Blanco Amor polos iogures tras asistir a un acto xornalístico en Ourense. Javier Nogueira segue a pista aos ensaios de Ian Kershaw e Ramón Rozas, a pista do pintor Manuel Moldes. Camilo Franco traza as consecuencias da futura lei de artes escénicas.

Comentarios