A pontevedresa Sheila Pazos gaña o primeiro premio do Debut 2015

A deseñadora inspirouse no libro 'As cidades invisibles', de Italo Calvino, para crear a súa colección 'Artificial Paradises'

Os espectaculares e extravagantes deseños masculinos da pontevedresa Sheila Pazos, inspirados no libro As cidades invisibles, de Italo Calvino, unha
colección de relatos nos que Marco Polo lle describe as súas viaxes por cidades fantásticas ao rei dos tártaros Kublai Kan, valéronlle este xoves o primeiro premio do Debut 2015.

A deseñadora, que hai xusto un ano gañou o certame de moda Xuventude Crea (antigo Tesoira), fíxose co galardón máis importante dos Estudos Superiores de Deseño e Moda de Galicia (Esdemga).

O outro recoñecemento da noite (segundo premio), que doa, igual que o primeiro, a firma Jesús Peiró, colaboradora do Debut, foi para Paula Sobrino por ‘No te mueras, cariño’, unha colección que partía da canción Blue Velvet, de Bobby Vinton, para propoñer uns deseños de terciopelo con siluetas e ombreiras esaxeradas.

Xunto aos deseños delas dúas, no desfile de fin de estudos da Esdemga, que este ano volveu reunir a centos de persoas no Recinto Feiral, puideron verse os traballos de fin de estudos doutros cinco compañeiros: Ana Abal, Lucía Caride, Javier Eijo, Laura Rodríguez e Carmela Sánchez.


Más información na edición impresa deste venres

Comentarios