Cotobade dá por finalizadas as obras do pavillón de Tenorio

O Goberno local salienta o seu compromiso "coas infraestructuras municipais, coa mellora das instalacións deportivas e o noso apoio ao deporte local".

O Concello de Cotobade vén de recepcionar as obras da reforma do Pavillón Municipal de Tenorio. Estes traballos eran moi necesarios pola grande capacidade de usuarios que viñan gozando das instalacións e que "xa se facían pequenas e inoperativas", tal e como indicou o alcalde, Jorge Cubela.

O Goberno local tivo en conta as demandas que no seu día os clubes e os usuarios plantexaran sobre aumentar o almacén, crear uns novos vestiarios e dotar ao pavillón de servizos públicos e de bancadas que estiveran separadas das gradas. Todo isto foi posible grazas ao proxecto que presentou o Goberno local á Deputación Provincial no ano 2014 e que foi aprobado dentro do Plan de Obras e Servizos. Á licitación concorreron empresas locais ou con traballadores do Concello, dentro dun total de seis ofertas, a adxudicataria foi GPD, cunha oferta de 56.000 euros.

O Goberno local salienta o seu compromiso "coas infraestructuras municipais, coa mellora das instalacións deportivas e o noso apoio ao deporte local".

Comentarios