Concentración por un hospital único e público para Pontevedra

Sanitarios de Montecelo e do Provincial realizaron este mércores unha protesta ás portas de ámbolos dous centros
Os manifestantes, este mesmo mércores, na entrada do CHOP
photo_camera Os manifestantes, este mesmo mércores, na entrada do CHOP

Sanitarios e usuarios concentráronse este mércores nas portas dos hospitais Provincial e Montecelo para manifestar o seu rexeitamento ao deterioro da asistencia sanitaria pública na área de Pontevedra, xa que, tal e como indicaron os representantes sindicais, "vese prexudicada polas erradas decisións e recortes dos gobernos de Núñez Feijóo e Mariano Rajoy".

Os manifestantes emprenderon estas accións na súa loita p
ola recuperación da calidade da sanidade pública, contra a privatización e como mostra de solidariedade cos traballadores co novo hospital de Vigo, o Álvaro Cunqueiro, así como pola recuperación da área de influencia do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP).

A convocatoria, que foi realizada polas seccións sindicais dos sindicados de sanidade de CC OO, TSP e UGT, levouse a cabo entre as 11 e as 12 horas da xornada deste mércores.

REIVINDICACIÓNS. No acto destacou a solidariedade que amosaron os sanitarios cos traballadores do Álvaro Cunqueiro, xa que con esta protesta unha das cuestións que se reivindicaba era o mantemento da profesionalidade de todas as categorías dos empregados do hospital, ao igual que a recuperación dos postos de traballo e unhas condicións dignas.

Así mesmo, os sanitarios concentráronse para protestar contra o peche de camas de cara ao vindeiro 2016, o plan de eliminación das listas de espera e a favor dun plan de emprego sanitario público e da recuperación da área de influencia do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Os representantes sindicais sinalaron que "non queremos nin centros comerciais nin Gaiás sanitarios, queremos hospitais públicos, xestión pública e traballadores e profesionais da sanidade pública".

Comentarios