A Ulloa levanta o sacho: ¡Son Agrogay!

É o lema da segunda edición do Festival Agrogay, que busca botar abaixo prexuízos e dar visibilidade a un rural diverso, "no afectivo e no sexual". Ademais pretende defender a recuperación de principios como a sostenibilidade, o patrimonio e o ecoloxismo
Una chica entra en la puerta de un armario, instalado en la entrada de la finca
photo_camera Una chica entra en la puerta de un armario, instalado en la entrada de la finca

A explotación láctea Granxa Maruxa, situada en Cumbraos, Monterroso, acolle a segunda edición do Festival Agrogay, que cada vez conta con máis adeptos. Baixo o lema "Son Agrogay" esta edición ofreceu diferentes actividades e concertos espallados ao longo do día aos seus asistentes.

Un pequeno autobús estivo percorrendo durante todo o día os apenas tres kilómetros que separan a explotación láctea do núcleo de Monterroso. A programación do festival deu comezo pola mañá, cando se celebrouse a Feira de Artesanía —con zona de 'cruising' de sementes incluída—, ademais dun obradoiro para a construcción dunha Axenda LGTBIQ para o rural. Xa pola tarde lerase o manifesto e celebraranse os concertos de Zoclas, Os 7 magníficos máis 1, De Vacas e Davide Salvado. A festa continúa pola noite coa "sesión golfa" a mans de Moreno DJ máis G.U.L.I., e ata que o corpo aguante.

Un dos sete organizadores do evento, Braulio Vilariño, explicou a Efe que o obxectivo deste festival é botar abaixo prexuízos e dar visibilidade a un rural diverso, no afectivo e no sexual; pero tamén para defender a recuperación de valores e de principios como a sostenibilidade, o patrimonio e o ecoloxismo.


A iniciativa, explica Braulio, "agricultor, taberneiro, activista sociocultural e enlazador de mundos", xurde da confrontación entre o rural e a urbe.

"O modelo gay que impera é o urbanita, que moitas veces significa vivir nun gueto. É un modelo de frivolidade, de consumismo, que pode parecer moi libre, pero libre desde o punto de vista burgués", explica.

O Concello de Monterroso tamén amosou o seu apoio ao festival

O Concello de Monterroso tamén amosou o seu apoio ao festival


Con todo, defende, "o que ten relevancia, a verdadeira liberdade, é ser como un é, estar comprometido co teu entorno, co hábitat e ser aceptado".


"O caso é ser digno, honesto", engade Braulio, que non observa máis discriminación no rural polo feito de ser gay, máis ben ao contrario: a xente acéptate como eres. Hai que ser boa persoa e logo a ningúen lle importa a quen ames ou con quen te deites".

Así se senten os centos de persoas que acudiron á chamada desde, incluso, doutras comunidades como o País Vasco, Extremadura ou Canarias y, pero,  sobre todo, doutros puntos de Galicia.

O Concello de Monterroso tamén mostrou o seu apoio ao evento

Comentarios