A profesora Ana Acuña gaña o premio Losada Diéguez coas memorias dos 'madrigalegos'

A docente de Ciencias da Educación aborda no seu libro a literatura galega en Madrid
Ana Acuña no seu despacho co libro gañador.
photo_camera Ana Acuña no seu despacho co libro gañador.

"Estou moi contenta porque este é un recoñecemento aos galegos en Madrid. Realmente, o premio é deles", manifestou a profesora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Ana Acuña tras coñecerse que resultou gañadora do XXX Premio Antón Losada Diéguez na categoría de investigación e ensaio. O seu libro Conciencia política y literatura galega en Madrid (1950-2000) foi o merecedor do premio.

Neste volume, editado por Xerais, Acuña afonda no papel que xogaron na capital, durante a segunda metade do século XX, os grupos de estudantes, escritores, artistas ou intelectuais galegos a través das testemuñas de 54 daqueles que se coñecían como madrigalegos. Acuña considéraos os verdadeiros artífices desta distinción outorgada polos concellos ourensáns do Carballiño e Boborás. "O premio é deles, eu realmente só fun a transmisora das súas vivencias", destaca.

O galardón está dotados con 6.000 euros, tanto na categoría de investigación como na de creación literaria, na que resultou vencedor Diego Ameixeiras coa novela Conduce rápido. O fallo coñeceuse o pasado sábado e o premio entregarase o vindeiro 13 de xuño.

Toda a información na edición impresa deste martes de Diario de Pontevedra