Pontevedra recupera a memoria histórica das mulleres

Mulleres de Salcedo traballadoras da Tabacalera.
photo_camera Mulleres de Salcedo traballadoras da Tabacalera.

PONTEVEDRA. Co obxectivo de contribuír ao coñecemento e difusión da historia das mulleres de Pontevedra e arredores, o Concello inicia este curso un proxecto titulado ‘A memoria das mulleres’.

Segundo anunciou onte o concelleiro de Patrimonio Histórico e Cultural, Luís Bará, «esta iniciativa ten a finalidade de crear un fondo documental, gráfico e audiovisual sobre as mulleres do siglo XIX e XX e a súa aportación en distintos ámbitos culturais, políticos o industriais». Do mesmo xeito, dixo, «temos a intención de elaborar unha enciclopedia virtual sobre as súas vidas, atendendo especialmente ás clases traballadoras».

Esta labor, que desenvolverase ao longo de dous anos, está aberta á participación de asociacións, parroquias, persoas o entidades que desexen achegar recursos materiais o ideas «e tamén implicará aos centros educativos e a Universidade».

homenaxe. ‘A memoria das mulleres’ tamén terá visibilidade nos espazos públicos mediante roteiros e placas conmemorativas. Por último, o vindeiro 7 de novembro, entre as 17.30 e as 20.30 horas, celebrarase na Casa das Campás unha xornada sobre a recuperación da memoria no ámbito local. Nela participarán Carmen Suárez, que presentará os proxectos ‘Fálame de San Sadurniño’ e ‘Memoria de Muller’; Antón Caeiro, que mostrará a web ‘O faiado na memoria’; e Patricia Arias, que falará sobre o traballo realizado no IES As Bizocas de O Grove ‘Mecas. A memoria das mulleres’. Os interesados en asistir deben enviar un correo a [email protected] cos seus datos (nome, enderezo, teléfono...)

Comentarios