P: O verán comeza cando...
R: Cando podo saír sen chaqueta polo menos durante o día, a luz me fai perder a noción da hora que é e comezo a cear gazpacho algunhas noites.
P: O seu refuxio de verán é...
R: As praias das proximidades de Coruña (Espiñeiro, Valcobo...) son deliciosas. Iso antes de fuxir para algún destino exótico e afastado, que nunca falta cada ano.
P: ¿Que no pode falar no seu roupeiro de verán?
R: Sandalias baixas, bikini e un bo libro de poesía, para levar á praia.
P: ¿Que leva na bolsa da praia?
R: Crema, bebida, unha pinza para o pelo, un espelliño, un bocadillo de xamón con tomate, papel e bolígrafo por se acaso, e o libro de poesía mencionado antes.
P: ¿Bañador ou bikini?
R: Sempre biki. E short ou vestido, comodidade total. ¡E toalla con estampado de leopardo!
P: ¿O mellor que se pode facer na praia é...?
R: Definitivamente ler poemas: son curtos, intensos, pódense encher de area...¡e non dan insolación!
P: O luga ideal para a sesta...
R: Unha hamaca de algodón, pendurando entre dúas palmeiras en Centroamérica...
P: Toma o sol...
R: Ultimamente con moito mais gusto que cando era moza. ¡Non daba aguantado quieta e con esa sensación de perder o tempo!
P: Para durmir prefire...
R: Pixamas curtos e ben fresquiños, ou só a roupa interior.
P: O mellor do verán é...
R: Esa viaxe esperada, marabillosa, que me recarga as baterías e sen a que non podo pasar: Grecia, Xapón, Vietnam e Cambodia, Siria, Xordania e Xerusalén foron as dos últimos anos.
P: E o peor...
R: Ese mes en que todo o mundo parece poñerse de acordo en parar o planeta...cando ti escolliches parar noutra altura de ano.
P: Unhas vacacións que lembre...
R: Nas que descubrín Macedonia e Albania. ¡En calquera recanto do mundo se poden atopar sitios abraiantes! Gústanme destinos distintos e deixarme sorprender.
P: Un remedio para a calor:
R: ¡Concentrarse moito!
P: Os mellores brindes levan...
R: Auguiña fresca (¡son abstemia!).
P: Tapa ou menú preferido:
R: Pantumaca con xamón serrano, gazpacho, tortilla de patacas e pementos de padrón.
P: A canción do verán que nunca esquecerá:
R: Definitivamente, Dragostea din tei. Que un grupo de pop moldavo acadara o éxito cmo canción do verán en todo o continente faime seguir tendo fe en Europa.
P: Unha praia:
R: Espiñeira (en Mera) e Valcobo (Arteixo); fóra: Balos (en Creta).
P: Unha ruta:
R: A das costas das antigas repúblicas iugoslavas.
P: Unha película para unha tarde de verán:
R: ¿Que tal Almorzo en Tiffany's oura vez? Parece que pega...
P: Un libro para as vacacións:
R: ¡Pois un que non é en absoluto só meu!: Cociñando ao pé da letra, para entrar na literatura galega… ata a cociña. Son 21 autores galegos moi diversos e ilustrados coas fotos de Andrea Costas. Unha proposta orixinal e moi alegre.
P: A cita á que non pode faltar:
R: O meu calendario é moi cambiante, polo que non podo xurar tal fidelidade.
P: ¿Como serían as súas vacacións soñadas?
R: Incluirían unha tempada de trabllo levadeiro e creativo polas mañás e tardes nas praias coruñesas, a carón dunha estimulante viaxe lonxe.
P: A mellor hora para o sexo é..
R: Unha na que non vaia demasiada calor.
P: ¿Con que famoso/a compartiría toalla/ tenda de campaña?
R: Con María Lado e Lucía Aldao. Xa son famosas... ¿non?
P: O verán remata cando...
R: Cando xa só se para en camiseta na praia e hai que ir pondo o pixama longo. ¡Snif!