PDF

Ver a portada de hoxe

de actualidade
foto Quique Setién
 
Votacion: 
No hay votos
0

Silva rexeita responsabilidade algunha no cambio de goberno en Sanxenxo

Cualificou de "broma de mal gusto" que Gonzalo Pita cite o proxecto de reforma da rúa Luís Rocafort, impulsado pola Deputación, como a "pinga que colmou o vaso" nas "discrepancias" existentes no seo do tripartito

Carmela Silva. TWITTER

Carmela Silva. TWITTER

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, rexeitou este venres responsabilidade algunha dese organismo no cambio de goberno en Sanxenxo, tras a ruptura do tripartito SAE-BNG-PSdeG e o posterior acordo alcanzado polos independentes para dar a Alcaldía ao PP.


"Que ninguén se atreva" a responsabilizar á Deputación, dixo Silva en declaracións aos medios de comunicación e cualificou de "broma de mal gusto" que o aínda alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, cite o proxecto de reforma da rúa Luís Rocafort, impulsado pola Deputación, como a "pinga que colmou o vaso" nas "discrepancias" existentes no seo do tripartito.

O "fondo da cuestión" non son as "dezaoito prazas de aparcadoiro" suprimidas con esta reforma integral da rúa Rocafort, unha das principais arterias da localidade costeira, dixo a presidenta da Deputación.

Apuntou que o convenio foi asinado "de común acordo" con Pita e "non me podo tomar en serio que nos responsabilicen de investir máis 1,5 millóns de euros nunha obra en Sanxenxo", engadiu a dirixente socialista, que cualificou o ocorrido como unha "tomadura de pelo".

A xustificación do alcalde de Sanxenxo "non se sostén", sinalou Silva, que pediu "seriedade" ao actual rexedor porque a súa "desculpa", dixo, "non a cre ninguén".

"Sei perfectamente o que hai detrás", engadiu Silva, considerou que o futuro alcalde, Telmo Martín, na provincia de Pontevedra "todo o mundo" coñece a súa traxectoria e destacou que mentres algúns políticos "levan mochilas libres de cargas, outros lévanas cheas de tristes e terribles cargas".

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.