Votacion: 
No hay votos
8

Telmo Martín recupera a Alcaldía de Sanxenxo

O actual rexedor, Gonzalo Pita, será tenente de alcalde. O distanciamento de SAL cos seus socios de Goberno, por mor da polémica sobre Luis Rocafort, levou aos liberais a pactar co PP

Logo de quedar nas últimas eleccións municipais, celebradas en maio de 2015, a un concelleiro de lograr a maioría absoluta, Telmo Martín recuperou este venres o bastón de mando de Sanxenxo. O retorno de Martín á Alcaldía, que xa ocupou entre 1999 e 2006, facíase realidade grazas a un acordo rubricado polos populares co partido do ata agora alcalde Gonzalo Pita, de Sanxenxo Agrupación Liberal (SAE). 

Ambos compareceron xuntos no salon de Plenos do Concello para dar a coñecer os detalles do pacto este venres. Pita argumentou que o fin do tripartito debeuse a unha "falta de lealdade" de PSOE e BNG e recoñeceu que perdeu a ilusión por seguir á fronte dun grupo de goberno cuxa rotura tivo como detonante a polémica sobre as obras de Luis Rocafort. As desavinzas internas que existían no seo do tripartito por mor da reforma da citada avenida foron determinantes neste divorcio.

A finais do pasado mes de abril, Pita non dubidou en comparecer publicamente para afear á Deputación de Pontevedra, responsable da obra, o feito de que non modificase o proxecto para incluír unha serie de demandas realizadas por un grupo de residentes e comerciantes, entre as que se incluía engadir máis prazas de aparcadoiro. Poucos días despois, os concelleiros do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego, así como a edil socialista, Coral González-Haba, mostraron o seu respaldo sen fisuras á actuación impulsada polo departamento dirixido polo deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, e defendida contra vento e marea polo vicepresidente, o tamén nacionalista César Mosquera.

Deste xeito, a renuncia do actual alcalde farase oficial no próximo Pleno ordinario previato para o 29 de maio. A partir de aí abrirase un prazo de 10 días para a convocatpria dunha sesion extraordinaria que servirá para investir a Martín.

A FUTURA OPOSICIÓN. Os portavoces do BNG e PSOE, David Otero e Coral Gonzalez-Haba, tacharon de "traizón" a decision de Pita, que reiteraba este venres que este cambio é "en favor do interese xeral dos veciños" e permitirá impulsar varios proxectos pendentes e que figuran no acordo asinado entre PP e SAL.

Posibles cambios na organigrama

O primeiro paso para que se dea a hipotética alianza entre SAL e o Partido Popular é que o alcalde, Gonzalo Pita, confirme o cesamento dos concelleiros que a día de hoxe aínda forman parte do tripartito. Co acordo entre liberais e populares, o Goberno local podería pasar a estar composto por doce concelleiros, tres máis dous necesarios para ter maioría absoluta.

Vanessa Rodríguez

Neste sentido, a decisión sobre o seu futuro de Vanessa Rodríguez é importante. Fontes da súa contorna insisten en que se negará a formar parte do acordo. A partir de aí, queda por saber se renunciará a súa acta de concelleira ou se, pola contra, se converte en edil independente na oposición, como fixo non seu momento Roberto Carlos Agís.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.

imagen de usuario
Manuel Martinez domingo 21 de maio de 2017, 10:58
8

Que poca vergüenza,volvemos al oscurantismo ,despilfarro y saqueo !!!

imagen de usuario
breogan sábado 20 de maio de 2017, 20:11
7

O unico que agardo e que se investigue os apaños de Telmo, algo que para un estaba cantado, cando dimitui o concellal de Sal, que se foi ao grupo misto, agora o alcalde entrega a alcaldia a Telmo, a cambio de que,? a cambio de canto?

imagen de usuario
sisisi sábado 20 de maio de 2017, 19:53
6

#4 Ahora puede irse usted con Telmo. Cada pueblo tiene lo que merece. Jajajajajajajaja

imagen de usuario
Na vila de Sangenjo ou Sanjenjo sábado 20 de maio de 2017, 11:11
5

Mal asunto, moi malo. Na vila de "Sangenjo" ou "Sanjenjo" -así a chaman os do PP- estaba xa "viciada" desde o principio do tripartito. Totalmente "apartada" do PP, pero "torpedeando" xa desde o priincipio por ese mesmo partido. Non era nada novo. Un PP "dogmático" e "bendecido por Deus" que nunca renunciaría "noblemente" ao seu destiño. Ben certo é que os restantes partidos que non corrompen -de momento, salvo o PSOE- non foron capaces de armonizar criterios. Unha pena. E unha "perita en dulce" para o "Sangenjo" de Telmo Martín. Deus nos libre -hai que "recuperar" o tempo perdido-.

imagen de usuario
Nikolak sábado 20 de maio de 2017, 10:57
4

La Diputacion regida por la Títere de Abel Caballero (Psoe) Sra. Carmela y el lugarteniente de O- Lores (BNG) Sr.Mosquera, les dan la espalda al tripartito (antes cuatripartito con Pode )SAL,Psoe,BNG. Siendo del mismo partido le entregan en bandeja la alcaldia al Sr. Telmo Martin (vencedor en las elecciones con 8 ediles a falta de 1 para la mayoria absoluta). Creo que con Telmo va a volver a Sanxenxo el crecer y ser una referencia del turismo en GALICIA. Y nunca con un gobierno formado por cuatro partidos de muy diferentes ideologias y así les fué, Enhorabuena y suerte Telmo y demas ediles.

imagen de usuario
Farlopio sábado 20 de maio de 2017, 10:29
3

¡Dios nos coja confesados! Telmo...