PDF

Ver a portada de hoxe

de actualidade
Antoine Griezmann_EsActualidad Griezmann
 
Votacion: 
No hay votos
Pontevedra 0

A patronal busca en internet máis de 2.000 empregados a nivel provincia

O portal virtual de emprego Infojobs, un dos máis consultados, ofertou o mes pasado 2.709 postos de traballo

O portal virtual de emprego Infojobs, un dos máis consultados, ofertou o mes pasado 2.709 postos de traballo a nivel da provincia, unha cifra moi similar á que se cuantificaba hai un ano (2.750). As categorías que deron lugar a máis ofertas foron as de comercial e vendas (cerca do 50%), profesións, artes e oficios (8,4%), atención ao cliente (7,5%), enxeñeiros e técnicos (5%) e (turismo e restauración: 4%).

O 27% dos empregos requirían un mínimo dun ano experiencia, aínda que máis da metade (o 54,6%) non solicitaban experiencia previa (1.478). O 29% das ofertas foron para un contrato de duración determinada, con data de inicio e fin. Tan só o 13% das vacantes foron publicadas co obxectivo de contratar de forma indefinida, segundo as cifras facilitadas onte pola plataforma.

A xornada máis ofertada foi a de tipo completo (presente no 58% dos postos de traballo convocados).

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.